Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25465

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (491/2017).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, mediante este edicto

Anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. fronte a Carlos Sequeiros Pousada, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza 77/2019.

Pontevedra, 25 de abril de 2019.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza en funcións de substitución por abstención do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra e o seu partido xudicial os presentes autos de xuízo verbal número 491/2017, sobre responsabilidade contractual, promovidos por instancia da mercantil Mafari Café, S.L.U., representada polo procurador Sr. Sanjuán Fernández e asistida polo letrado Sr. Cuíñas Rodríguez, contra Carlos Sequeiros Pousada, en situación de rebeldía procesual, constan suficientemente acreditadas as súas circunstancias persoais nos autos.

Resolvo:

Estimar integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación da mercantil Mafari Café, S.L.U., contra Carlos Sequeiros Pousada, en situación de rebeldía procesual, e condenar a Carlos Sequeiros Pousada a aboarlle á mercantil Mafari Café, S.L.U. a cantidade de 4.280,24 euros, todo iso con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e comuníqueselles que fronte a ela cabe recurso de apelación cuxo coñecemento lle corresponde á Audiencia Provincial de Pontevedra. Debe interporse este ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia acórdoo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Carlos Sequeiros Pousada, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a este.

Pontevedra, 26 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza