Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25036

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4941/2018 IP).

Secretaría: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4941/2018 IP

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 281/2017 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Jesús González Doval

Avogada: María José Vega Movilla

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 275, Hermanos Limeres, C.B., Víctor Manuel Limeres Domínguez, Gonzalo Limeres Domínguez

Avogado: letrado da Seguridade Social, Juan Carlos Vázquez García, (…), (…), (…)

Procuradora: (…), Concepción Pérez García, (…), (…), (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4941/2018 desta sección, seguido por instancia de Jesús González Doval contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 275, Hermanos Limeres, C.B., Víctor Manuel Limeres Domínguez, Gonzalo Limeres Domínguez, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Que no recurso de suplicación interposto pola letrada María José Vega Movilla, en nome e representación de Jesús González Doval, contra a Sentenza de data vinte e tres de xullo de dous mil dezaoito, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo nos autos seguidos por instancia do recorrente fronte á empresa Hermanos Limeres, C.B., Gonzalo e Víctor Manuel Limeres Domínguez, La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora de la Seguridad Social, e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre revisión do grao de incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, debemos estimar e estimamos de oficio a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario e declaramos igualmente de oficio a nulidade das actuacións, repoñendo estas ao momento anterior á admisión a trámite da demanda, para que o letrado da Administración de xustiza realice a corrección do defecto apuntado, requirindo a parte demandante para que amplíe a demanda contra a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hermanos Limieres, C.B., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza