Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25035

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento de interesados en recurso contencioso-administrativo (4083/2019).

No presente órgano xudicial a procuradora Ana María Tejelo Núñez, en nome e representación de C.P.S., interpuxo recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 4083/2019, fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre o Decreto 177/2018, do 27 de decembro de 2018, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 30 de abril de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 30 de abril de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza