Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25033

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de maio de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria na categoría de técnico de farmacia do Hospital Universitario de Ourense.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e con base nos criterios reitores aprobados na Mesa Sectorial de Sanidade pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais con representación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde do 29 de decembro de 2009, modificados por Acordo do 31 de xaneiro de 2014, así como no acordo de bases aprobado en Comisión de Centro o 25 de marzo de 2011; e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria do procedemento de mobilidade interna voluntaria na categoría de técnico de farmacia do Hospital Universitario de Ourense.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán presentarse nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario de Ourense e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Ourense, 6 de maio de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras