Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24751

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (82/2017).

Eu, José Ignacio Rodríguez Iriarte, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a Benito Eugenio Álvarez Iglesias ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 101/18

Xuíza que a dita: Rey Salgueiro

Lugar: Cambados

Data: dezaoito de decembro de dous mil dezaoito

Demandante: Caixabank, S.A.

Avogado: Xosé Manuel Fernández Varela

Procuradora: Sofía Doldán Cáceres

Demandados: Benito Eugenio Álvarez Iglesias, María Justina Fariña Pérez

Avogado: Raúl Constante Salgado Vidal

Procurador: Miguel Ángel Palacios Palacios

Procedemento: procedemento ordinario 82/2017

Cambados, 18 de decembro de 2018.

Vistos por min, Sonia Rey Salgueiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cambados e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 82/2017, entre partes, dunha, como demandante, Caixabank, S.A., representada pola procuradora Sra. Doldán Cáceres e asistida tecnicamente polo letrado Sr. Fernández Varela, e doutra, como demandado, Benito Eugenio Álvarez Iglesias, en situación legal de rebeldía procesual, e María Justina Fariña Pérez, representada polo procurador Sr. Palacios Palacios e asistida do letrado Sr. Salgado Vidal, sobre declaración de vencemento anticipado de contrato de crédito hipotecario, acción de reclamación das cantidades debidas en virtude do referido contrato e acción de exercicio do dereito de hipoteca, dítase esta sentenza con base nos seguintes:

Resolución:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Caixabank, S.A., representada pola procuradora Sra. Doldán Cáceres, fronte a Benito Eugenio Álvarez Iglesias, en situación legal de rebeldía procesual, e María Justina Fariña Pérez, representada polo procurador Sr. Palacios Palacios, declaro:

Primeiro. Declaro a resolución do contrato de préstamo hipotecario convido polas partes mediante escritura autorizada polo notario José Ángel Dopico Álvarez, o 6 de xuño de 2000, número 1515 do seu protocolo.

Segundo. Condeno a Benito Eugenio Álvarez Iglesias e María Justina Fariña Pérez a que aboen solidariamente a Caixabank, S.A. a cantidade de cento oito mil novecentos dezaseis euros con vinte e nove céntimos (108.916,29 euros), cos xuros legais pactados ao tipo de xuro ordinario pactado.

Terceiro. Así mesmo, condeno os demandados a aboar solidariamente á parte demandante o xuro legal do diñeiro desde a data da demanda, que se incrementará en dous puntos desde a data desta resolución ata o seu completo pagamento.

Cuarto. Declaro a nulidade das seguintes cláusulas:

1. Pacto cuarto, alíneas a) e c): comisión de apertura e comisión de reclamación de impagados.

2. Pacto quinto: gastos a cargo da parte acreditada.

3. Pacto sexto: xuros de demora.

4. Pacto sexto bis: causas de resolución anticipada: alínea a).

5. Pacto undécimo: cesión de crédito.

A parte demandada debe aboar á parte demandante o importe de 1.202,02 euros en aplicación do pacto cuarto, cantidade que poderá ser compensada coa suma reclamada pola demandante.

Desestímase a reconvención exposta por María Justina Fariña Pérez, representada polo procurador Sr. Palacios Palacios, fronte a Caixabank, S.A. absolvendo esta de todos os pedimentos deducidos na súa contra.

Quinto. Todo iso enténdese sen facer especial pronunciamento sobre custas procesuais.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de 20 días contados a partir do seguinte á súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado, na forma prevista nos artigos 457 e seguintes da nova LAC.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E atopándose o dito demandado, Benito Eugenio Álvarez Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 25 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza