Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24750

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (XVB 731/2017).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, por este edicto anuncio que no procedemento de xuízo verbal número 731/2017, seguido por instancia de Héctor Maldonado Fernández, representado pola procuradora Dolores Bravo Cores, contra María Manuela Araújo da Silva Pinto e José Ramón Lorenzo Pérez, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 19 de outubro de 2018

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 731/2017, promovidos Héctor Maldonado Fernández, representado pola procuradora Sra. Bravo Cores e asistido do letrado Sr. Pérez de Lis Fernández, contra María Manuela Araújo da Silva Pinto e José Ramón Lorenzo Pérez, en situación procesual de rebeldía,

Resolvo:

Estimando totalmente a demanda promovida pola representación de Héctor Maldonado Fernández contra María Manuela Araújo da Silva Pinto e José Ramón Lorenzo Pérez, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboaren a cantidade de 1.995 euros máis os xuros legais, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles ás partes.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o acordo, mando e asino».

Ao estaren os ditos demandados, María Manuela Araújo da Silva Pinto e José Ramón Lorenzo Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza