Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24748

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4490/2018-MJC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4490/2018-MJC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1122/2015, Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: MC Mutual

Avogado: Luis Manuel Rodero Díaz

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, José Manuel Lata Mosquera, Novilma Obras y Servicios, S.L.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado do Fogasa, Marcos Guerra Mengual

Edicto

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4490/2018 desta sección, seguido por instancia de MC Mutual contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Fogasa, José Manuel Lata Mosquera e Novilma Obras y Servicios, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Estimamos o recurso de suplicación interposto polo avogado Luis Rodero Díaz, en nome e representación de Mutual Midat Cyclops, contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 19 de xuño de 2018, en autos número 1122/2015, que revogamos, e declaramos a incapacidade permanente total do traballador codemandado José Manuel Lata Mosquera para a súa profesión habitual de peón albanel.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados por Mutual Midat Cyclops.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos de publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Novilma Obras y Servicios, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza