Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de maio de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial entre a comunidade de montes veciñais en man común de Guillán, concello de Vilagarcía de Arousa, e a Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros, ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra en sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2019, en relación co deslindamento parcial entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Guillán, no concello de Vilagarcía de Arousa, e a Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros, respecto da estrema común dos seus montes.

Feitos:

Primeiro. O 25.5.2018, recíbese escrito de Belén Raposo Pérez, en nome da CMVMC de Guillán, concello de Vilagarcía de Arousa, solicitando que se tome razón da conciliación entre esta comunidade e a Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros.

O procedemento de deslindamento entre particulares está recollido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Neste expediente consta a seguinte documentación achegada polos interesados:

– Poder notarial de Belén Raposo Pérez do 27.6.2018, asinado polo actual presidente.

– Copia da papeleta de conciliación, acta de conciliación e decreto que dá por terminado con avinza este acto ante o Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa.

– Memoria descritiva e planos en formato dixital.

– Informe de validación gráfica, que non inclúe a zona de dominio público da estrada.

– Certificado do secretario, da aprobación da liña de deslindamento na asemblea xeral do 17.3.2018.

Segundo. O 27.8.2018 a Sección de Topografía informa:

– O solicitante presenta dous traballos distintos para o mesmo deslindamento.

– O primeiro está composto por tres tramos: o 1º de 730 m de lonxitude e 89 piquetas, o 2º de 61 m de lonxitude e 26 piquetas e o 3º de 66 m de lonxitude e 8 piquetas.

– A Comunidade de Montes xa advirte que a condición de estremeiros entre a Comunidade e os particulares non é real pois discorre por terreos expropiados (dominio público).

– Non existen afeccións na Rede Natura nin en montes públicos nin elencos.

Terceiro. O 31.8.2017, o Servizo de Montes emite informe técnico favorable de deslindamento, tendo en conta que parte deste deslindamento forma parte dos terreos expropiados para a construción da VG-47.

Cuarto. O 26.10.2018 publícase o Anuncio do 22 de outubro de 2018, sobre a iniciación do procedemento de deslindamento con predios particulares da CMVMC de Guillán, concello de Vilagarcía de Arousa, onde se acorda sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte as oficinas de Arias Forestales, S.L.

Quinto. O 13.12.2018, recíbese escrito da Secretaría Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa, sobre a exposición do anuncio deste deslindamento durante un mes (desde o 29 de outubro ao 29 de novembro de 2018) no taboleiro da sede electrónica do Concello.

Sexto. O 18.12.2018, recíbese escrito de Belén Raposo Pérez achegando certificado de Alejandro Arias Otero onde certifica que no tempo establecido legalmente, dun mes, non acudiu ningunha persoa ás oficinas de Arias Forestales, S.L., e solicitando que se continúe co procedemento.

Sétimo. O 21.1.2019, recíbese escrito achegando os documentos de propiedade da Comunidade Hereditaria de José María Remírez de Esparza Lindner.

Oitavo. O 26.2.2019, recíbese escrito da Secretaría Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa, certificando que no prazo legalmente establecido dun mes de exposición pública do correspondente expediente de deslindamento, non se presentaron alegacións contra o mesmo no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Noveno. A descrición da liña vén dada na papeleta de conciliación e na memoria descritiva e planos confeccionados polo enxeñeiro de montes Alejandro Arias Otero, onde se describen os tres tramos de deslindamento coas súas coordenadas en UTM ETRS89:

Tramo 1: de 729,79 m de lonxitude, definida por 89 puntos, cuxa numeración vai de oeste a leste. Ao norte deste tramo situaríase a Comunidade e ao sur a Comunidade Hereditaria.

Punto

Coord. X

Coord. Y

Punto

Coord. X

Coord. Y

1

520601.47

4717617.73

4

520608.24

4717615.27

2

520603.12

4717616.93

5

520610.71

4717614.73

3

520605.71

4717615.97

6

520613.08

4717614.33

7

520615.32

4717614.00

43

520682.56

4717600.61

8

520617.48

4717613.71

44

520691.51

4717596.3

9

520619.52

4717613.43

45

520700.71

4717592.23

10

520621.39

4717613.15

46

520709.97

4717588.33

11

520625.15

4717612.37

47

520719.31

4717584.68

12

520628.97

4717611.54

48

520722.68

4717583.37

13

520629.25

4717611.48

49

520730.93

4717592.8

14

520629.48

4717611.43

50

520734.7

4717591.36

15

520631.14

4717611.08

51

520756.45

4717583.05

16

520631.29

4717611.05

52

520764.8

4717592.71

17

520633.31

4717610.61

53

520739.35

4717602.43

18

520635.36

4717610.18

54

520745.03

4717608.92

19

520637.38

4717609.75

55

520748.43

4717612.81

20

520639.41

4717609.32

56

520750.05

4717615.04

21

520639.55

4717609.29

57

520753.27

4717618.73

22

520641.85

4717608.64

58

520755.02

4717620.76

23

520643.54

4717608.45

59

520756.84

4717622.97

24

520645.47

4717608.04

60

520761.82

4717627.9

25

520647.51

4717607.6

61

520772.77

4717641.48

26

520649.52

4717607.18

62

520790.27

4717662.91

27

520651.54

4717606.75

63

520806.07

4717682.61

28

520653.55

4717606.33

64

520826.61

4717707.14

29

520655.59

4717605.9

65

520838.34

4717721.31

30

520657.61

4717605.49

66

520858.1

4717745.38

31

520659.62

4717605.07

67

520866.51

4717756.21

32

520661.65

4717604.65

68

520890.86

4717754.15

33

520663.74

4717604.23

69

520894.23

4717753.92

34

520665.76

4717603.84

70

520896.38

4717753.21

35

520667.8

4717603.44

71

520901.27

4717753.28

36

520669.86

4717603.06

72

520904.18

4717752.82

37

520671.9

4717602.68

73

520910.32

4717752.41

38

520673.89

4717602.32

74

520920.32

4717752.01

39

520675.89

4717601.94

75

520921.58

4717748.98

40

520677.86

4717601.57

76

520923.53

4717744.49

41

520679.8

4717601.18

77

520924.26

4717742.82

42

520681.76

4717600.78

78

520995.93

4717584.26

79

521000.51

4717562.99

85

521005.51

4717532.47

80

521001.03

4717559.37

86

521006.52

4717526.32

81

521002.00

4717553.66

87

521006.84

4717524.07

82

521002.85

4717548.34

88

521008.05

4717516.83

83

521003.58

4717543.94

89

521020.01

4717504.72

84

521004.53

4717538.59

Tramo 2: de 61,16 m de lonxitude, definida por 26 puntos, cuxa numeración vai de oeste a leste. Ao norte deste tramo situaríase a Comunidade e ao sur a Comunidade Hereditaria.

Punto

Coord. X

Coord. Y

Punto

Coord. X

Coord. Y

1

520531.21

4717673.16

14

520562.03

4717651.67

2

520535.91

4717670.31

15

520562.86

4717650.96

3

520544.65

4717665.11

16

520564.48

4717649.61

4

520548.53

4717662.85

17

520566.13

4717648.25

5

520548.68

4717662.72

18

520567.77

4717646.92

6

520550.27

4717661.43

19

520569.46

4717645.57

7

520551.86

4717660.13

20

520571.17

4717644.25

8

520553.44

4717658.85

21

520572.83

4717642.98

9

520554.99

4717657.58

22

520574.49

4717641.71

10

520556.55

4717656.27

23

520576.13

4717640.48

11

520558.12

4717654.95

24

520577.71

4717639.27

12

520559.7

4717653.63

25

520579.27

4717638.05

13

520561.28

4717652.3

26

520580.45

4717637.11

Tramo 3: de 65,86 m de lonxitude, definida por 8 puntos, cuxa numeración vai de norte a sur. Ao oeste deste tramo situaríase a Comunidade e ao leste a Comunidade Hereditaria.

Punto

Coord. X

Coord. Y

Punto

Coord. X

Coord. Y

1

520417.97

4717648.49

5

520398.97

4717603.15

2

520415.33

4717643.78

6

520394.37

4717591.44

3

520412.7

4717638.12

7

520394.29

4717591.23

4

520408.69

4717627.89

8

520391.99

4717588.15

Á vista da documentación e da información antes relacionada, o Servizo de Montes, o 1.3.2019, emite informe favorable sobre a liña provisional de deslindamento entre a CMVMC de Guillán, concello de Vilagarcía de Arousa, e a Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros constituída por Ruth María e José María Remírez de Esparza Lindner, Felipe Javier Pérez-Somarriba Remírez de Esparza e Fernando Remírez de Esparza Elias de Molins, segundo os puntos e as súas coordenadas referidas no parágrafo anterior.

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG núm. 140, do 23 de xullo) na súa disposición derradeira segunda, modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalamento dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, regula nos artigos 52 e 54 o procedemento de deslindamento de montes veciñais en man común con propiedades particulares e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do Xurado no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. Da documentación fornecida polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial, en que se emite informe favorable sobre a liña provisional de deslindamento entre a CMVMC de Guillán e a Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros, constituída por Ruth María e José María Remírez de Esparza Lindner, Felipe Javier Pérez-Somarriba Remírez de Esparza e Fernando Remírez de Esparza Elias de Molins, segundo os puntos e as coordenadas referidas no parágrafo noveno deste acordo.

Vista a avinza presentada, a documentación achegada, o informe técnico do Servizo de Montes da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra e en atención ao disposto nos artigos 52 a 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, de montes de Galicia, este xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar o deslindamento realizado entre a CMVMC de Guillán e a Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros, constituída por Ruth María e José María Remírez de Esparza Lindner, Felipe Javier Pérez-Somarriba Remírez de Esparza e Fernando Remírez de Esparza Elias de Molins, segundo os puntos e as coordenadas referidas no parágrafo noveno deste acordo segundo os planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Guillán e á Comunidade Hereditaria Remírez de Esparza e López Ballesteros, e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 3 de maio de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra