Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido practicar a notificación (expediente 2516/2018).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Para estos efectos, publícase a seguinte:

Por tratarse dunha parcela de titularidade descoñecida, faise pública a incoación de expediente de orde de execución polo estado de parcela, para comparecencia dos interesados.

Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinar o expediente no departamento de urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, se é o caso, presentar alegacións ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Situación parcela

Concello

2516/2018

Parcela con ref.catastral 36005A029001940000TO incumprindo xestión da biomasa vexetal

Descoñecido

As Ribocias-San Clemente

Caldas de Reis

Caldas de Reis, 25 de abril de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente