Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido practicar a notificación (expediente 2372/2018).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Para estes efectos, publícase a seguinte:

«Providencia da alcaldía. Inicio do expediente de orde de execución nº 2372/2018 para xestión da biomasa vexetal.

Ponse en coñecemento deste concello o seguinte feito: parcela 155 con ref. catastral 36005A042001550000TO na Requeixada (Nartallo)-Santo André, incumprindo franxas protección a vivenda na Requeixada, 27, por posible incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal na faixa de protección da rede secundaria.

Confírmase o estado da parcela mediante o informe da policía local incorporado ao expediente indicando que o titular é descoñecido.

No catastro a dita parcela figura como en investigación, artigo 33/2003 e, practicadas as oportunas dilixencias previas polo concello, no se puido averiguar a súaa titularidade.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a lexislación de disciplina urbanística para o desenvolvemeno e aplicación da Lei do solo, e o Regulamento municipal de protección do ambiente, de limpeza pública e recollida de lixo (BOP núm. 232, do 2.12.1999), a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e as modificacións introducidas pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establecen a obriga dos propietarios dos terreos e inmobles de mantelos nunha situación de ornato, seguridade e salubridade adecuados, e é competencia dos concellos facer cumprir as ditas obrigas, ordenando aos seus propietarios, mediante o correspondente expediente e logo de audiencia aos interesados, a execución das actuacións necesarias para iso, é polo que, de acordo coas atribucións outorgadas pola lexislación vixente, dito a seguinte:

Providencia:

Primeiro. Iniciar o correspondiente expediente de orde de execución (nº  2372/2018) para a xestión da biomasa vexetal, pola parcela 155 con ref. catastral 36005A042001550000TO na Requeixada (Nartallo)-Santo André, de titularidade descoñecida, e incumprimento das obrigas na xestión da biomasa vexetal na faixa de protección da rede secundaria.

Segundo. Concederlle audiencia ás persoas que se consideren interesadas para que no prazo de dez (10) días poidan consultar o expediente no negociado de Urbanismo das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e formular alegacións e presentar documentos e xustificantes que xulguen oportunos na defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 25 de abril de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente