Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24438

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido practicar a notificación (expediente 2375/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Para estos efectos, publícase a seguinte:

Providencia da alcaldía. Inicio do expediente de orde de execución nº 2375/2018 para xestión da biomasa vexetal.

Ponse en coñecemento deste concello o seguinte feito: parcela 153 incumprindo xestión da biomasa vexetal en faixa de protección a vivenda nº 27 da Requeixada-Santo André con ref. catastral 36005A042001530000TF na Requeixada (Nartallo)-Santo André, por posible incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal na faixa de protección da rede secundaria.

Con data do 7 de novembro de 2018 acordouse iniciar expediente de orde de execución para xestión de biomasa vexetal frente a Ramona Treviño Iglesias como titular catastral e propietaria de parcela sita na Requeixada, Santo André, Caldas de Reis (ref. catastral 36005A042001530000TF), incumprindo as obrigas de xestión da biomasa vexetal na faixa de protección da rede secundaria en relación coa vivienda sita na Requeixada, nº 27, Santo André, Caldas de Reis.

No prazo de alegación, Javier Caseiro Treviño presenta escrito en que comunica a este concello que a súa falecida nai Ramona Treviño Iglesias figura como titular catastral da parcela nº 153 do polígono 42, por erro, e con data do 23.11.2018 completa o escrito presentando copia de manifestación de discrepancias presentado ante a Xerencia do Catastral comunicando que a parcela nº 153 do polígono 42 nunca foi titularidade da súa falecida nai.

Con data do 13.2.2019 emítese informe do asesor xurídico en que se indica que procede arquivar a actuacións iniciadas a Ramona Treviño Iglesias e continuar a súa tramitación como titularidade descoñecida.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a lexislación de disciplina urbanística para o desenvolvemeno e aplicación da Lei do solo, e o Regulamento municipal de protección do ambiente, de limpeza pública e recollida de lixo (BOP núm. 232, do 2.12.1999), a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e as modificacións introducidas pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establecen a obriga dos propietarios dos terreos e inmobles de mantelos nunha situación de ornato, seguridade e salubridade adecuados, e é competencia dos concellos facer cumprir as ditas obrigas, ordenando aos seus propietarios, mediante o correspondente expediente e logo de audiencia aos interesados, a execución das actuacións necesarias para isto, é polo que, de acordo coas atribucións outorgadas pola lexislación vixente, dito a seguinte:

Providencia:

Primeiro. Arquivar as actuacións iniciadas a nome de Ramona Treviño Iglesias (falecida), por non ser a propietaria da parcela obxecto do presente expediente de orde de execución (nº 2375/2018) para a xestión da biomasa vexetal, e continuar a súa tramitación como de titularidade descoñecida da parcela 153, incumprindo xestión da biomasa vexetal en faixa de protección a vivenda, nº 27 da Requeixada-Santo André con ref.catastral 36005A042001530000TF na Requeixada (Nartallo)-Santo André, por presunto incumprimento das obrigas na xestión da biomasa vexetal na faixa de protección da rede secundaria.

Segundo. Conceder trámite de audiencia de quince (15) días, mediante notificación da presente a través de publicación no BOE, de acordo co establecido nos artigos 40 a 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o que se considere titular da parcela indicada, poida consultar o expediente no concello, e presentar os escritos e alegacións que considere oportunos na defensa dos seus intereses.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 25 de abril de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente