Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, que poñen fin á vía administrativa con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 11 de decembro de 2018.

Referencia: 14-01-01-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión outorgada a José Luis Lorido Díaz con destino a gardaría, mantemento e venda de embarcacións, motores e accesorios náuticos.

Porto: Ribadeo.

Concesionaria: Astur Sercomar, S.L.U.

Prazo: ata o 1 de febreiro de 2031.

Taxas: 4.670,75 €, en concepto de TODP, e o 1,5 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 1.487,50 m2.

Investimento: 0,00 €.

– Resolución: 19 de decembro de 2018.

Referencia: 12-52-88-C-1.

Obxecto: outorgamento de prórroga da concesión administrativa outorgada á Asociación de Productores Mejilloneros de Cabo de Cruz para construción dunha nave para servizo de mexilloeiras.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionaria: Asociación de Productores Mejilloneros de Cabo de Cruz.

Prazo: 20 de abril de 2023.

Taxas: 795,00 € en concepto de TODP, e o 1,5 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 300 m2.

Investimento: 0,00 €.

– Resolución: 18 de decembro de 2018.

Referencia: 14-07-99-C-2.

Obxecto: modificación non substancial da concesión outorgada para instalacións de subministración de combustible e aceites a barcos no porto de Celeiro, para autorizar obras de mellora do sistema de recollida de augas hidrocarburadas e substitución de fosa séptica.

Porto: Celeiro.

Concesionaria: Grupo Unitario de Integración Administrativa, S.A.

Prazo: 30 de xullo de 2029.

Taxas: 7.119,48 €, en concepto de TODP, e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 1.676 m2 en superficie e 339 m2 de ocupación subterránea para canalizacións.

Investimento: 6.473,50 €.

– Resolución: 29 de outubro de 2018.

Referencia: 12-13-87-C-1.

Obxecto: outorgamento de ampliación de prazo extraordinario, ampliación de superficie e de usos de transformación, manipulación e venda de peixes e mariscos da concesión outorgada para construción dunha planta frigorífica e de conxelación de pescado para conservación, transformación, manipulación e venda de peixes e mariscos.

Porto: Sada.

Concesionaria: Iris Cruña, S.L.

Prazo: 10 de abril de 2034.

Taxas: 6.727,34 €, en concepto de TODP, e o 1 % ou o 1,5 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 1.818 m2.

Investimento: 269.763,00 €.

– Resolución: 18 de decembro de 2018.

Referencia: 12-57-17-C-1.

Obxecto: outorgamento de concesión con destino á construción e explotación dun edificio para o desenvolvemento de deportes de remo e uso complementarios.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionario: Concello de Boiro.

Prazo: 35 anos.

Taxas: 3.353,63 €, en concepto de TODP, e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 1.945,64 m2.

Investimento: 996.840,00 €.

– Resolución: 18 de decembro de 2018.

Referencia: 14-07-99-C-2.

Obxecto: modificación non substancial da concesión outorgada para instalacións de subministración de combustible e aceites a barcos no porto de Celeiro, para autorizar obras de mellora do sistema de recollida de augas hidrocarburadas e substitución de fosa séptica.

Porto: Celeiro.

Concesionaria: Grupo Unitario de Integración Administrativa, S.A.

Prazo: 30 de xullo de 2029.

Taxas: 7.119,48 €, en concepto de TODP, e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 1.676 m2 en superficie e 339 m2 de ocupación subterránea para canalizacións.

Investimento: 6.473,50 €.

– Resolución: 18 de decembro de 2018.

Referencia: 12-57-17-C-1.

Obxecto: outorgamento de concesión con destino á construción e explotación dun edificio para o desenvolvemento de deportes de remo e uso complementarios.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionario: Concello de Boiro.

Prazo: 35 anos.

Taxas: 3.353,63 €, en concepto de TODP, e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 1.945,64 m2.

Investimento: 996.840,00 €.

– Resolución: 20 de decembro de 2018.

Referencia: 12-48-18-C-1.

Obxecto: ocupación de terreos portuarios para depósito de contedores destinados ao almacenamento frigorífico de produtos alimentarios perecedoiros, transportados por vía marítima.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: Alimentos Cruz del Sur, S.A.

Prazo: 35 anos.

Taxas: 6.090,86 €, en concepto de TODP, e o 0,041039 €/t manipuladas na concesión. A cota anual da taxa non poderá ser inferior á correspondente ao tráfico mínimo anual comprometido polo concesionario que é de 9.000 t/ano.

Superficie concedida: 1.496 m2 de explanada e 40,5 m2 de superficie subterránea.

Investimento: 806.434,75 €.

– Resolución: 14 de xaneiro de 2019.

Referencia: 12-48-11-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade e modificación substancial da concesión administrativa outorgada para a explotación de cafetaría-bar para servizo dos usuarios.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: Alquileres José Ángel Rodríguez 2014, S.L.

Prazo: ata o 26.4.2022.

Taxas: 7.369,96 €, en concepto de TODP. e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Superficie concedida: 168,5 m2.

Investimento: 0,00 €.

– Resolución: 20 de marzo de 2019.

Referencia: 12-50-11-C-1.

Obxecto: outorgamento de cambio de titularidade da concesión administrativa a favor de Estación de Servicio Puebla del Caramiñal, S.L. para explotación de instalacións de subministración de combustible.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Estación de Servicio Puebla del Caramiñal, S.L.

Prazo: ata 15.2.2038.

Taxas: 1.770,29 €, en concepto de TODP, eo 1,25 % da facturación anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión e o 2,25 % da facturación anual de todas as actividades non portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión.

Superficie concedida: 924,76 m2.

Investimento: 0,00 €.

– Resolución: 1 de marzo de 2019.

Referencia: 14-07-88-C-1.

Obxecto: prórroga e modificación non substancial para realizar unha remodelación interior en cumprimento da normativa en materia de protección de incendios da concesión administrativa destinada a edificio de servizos múltiples náutico-pesqueiros na zona de servizo.

Porto: Celeiro.

Concesionaria: Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro.

Prazo: ata o 22.9.2023.

Taxas: 6.088,59 €, en concepto de TODP, e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocios das actividades desenvoltas no ámbito da concesión administrativa para actividades portuarias relacionadas co servizo de frío, ensinanzas náuticas e outros, e o 1,5 % do importe neto da cifra anual de negocios das actividades desenvoltas no ámbito da concesión administrativa para actividades portuarias relacionadas coa loxística, venda de efectos navais e outros.

Superficie concedida: 1.533,65 m2.

Investimento: 35.103,93 €.

– Resolución: 1 de marzo de 2019.

Referencia: 12-43-18-C-1.

Obxecto: ocupación de nave de redes incluíndo a súa rehabilitación, ampliación e construción de oficina de turismo anexa.

Porto: Portosín.

Concesionaria: Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín.

Prazo: 25 anos.

Taxas: 729,63 €, en concepto de TODP, e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio, se é o caso, das actividades da instalación obxecto da concesión administrativa destinadas a nave de redes, e o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio, no seu caso, das actividades da instalación obxecto da concesión administrativa destinadas a información turística.

Superficie concedida: 2.365,04 m2.

Investimento: 418.990,00 €.

– Resolución: 1 de marzo de 2019.

Referencia: 12-38-97-C-1.

Obxecto: outorgamento á Confraría de Pescadores de Muros para o outorgamento da modificación non substancial da concesión administrativa de ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa, para remodelación interior da zona de oficinas e mellora enerxética.

Porto: Muros.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Muros.

Prazo: ata o 3.4.2022.

Taxas: 1.790,02 €, en concepto de TODP, e o 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa, serán de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003.

Superficie concedida: 1.016,72 m2.

Investimento: 147.930,00 €.

– Resolución: 1 de marzo de 2019.

Referencia: 12-42-08-C-1.

Obxecto: outorgamento da 2ª prórroga e modificación substancial de ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa.

Porto: O Testal.

Concesionaria: Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.

Prazo: ata o 13.10.2023.

Taxas: 11.426,85 €, en concepto de TODP, e o 0,0015 € por quilogramo de pesca descargada na lonxa, serán de aplicación os máximos establecidos na Lei 6/2003.

Superficie concedida: 1.971 m2.

Investimento: 407.723,99 €.

– Resolución: 11 de abril de 2019.

Referencia: 13-09-09-C-2.

Obxecto: modificación substancial de concesión no dominio público portuario da concesión administrativa outorgada para a legalización de caseta de bombeo e tubos de auga salgada.

Porto: Meloxo.

Concesionaria: Barlovento, S.A.

Prazo: ata 22.11.2027.

Taxas: 1.488,07 €, en concepto de TODP.

Superficie concedida: 771,79 m2.

Investimento: 415,22 €.

– Resolución: 30 de abril de 2019.

Referencia: 12-50-18-C-1.

Obxecto: outorgamento da concesión administrativa para ocupación de terreos portuarios para depósito de contedores destinados ao almacenamento frigorífico de produtos alimentarios perecedoiros, transportados por vía marítima.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Alimentos Cruz del Sur, S.A.

Prazo: 35 anos.

Taxas: 7.129,63 €, en concepto de TODP, e o 0,041039 €/t manipuladas na concesión de CIS. A cota anual da taxa CIS non poderá ser inferior á correspondente ao tráfico mínimo anual comprometido polo concesionario que é de 12.000 t/ano.

Superficie concedida: 1.650 m2 de explanada e 251 m2 soterrados.

Investimento: 806.434,75 €.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

Juan José Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia