O día 6.2.2019 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada ao Real Club Náutico de Ribadeo con destino á explotación das instalación náutico deportivas no dominio público portuario do porto de Ribadeo, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia