Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (520/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 520/2017 por instancia de María del Pilar Díaz Guillín contra as empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Rogelio Bodelo Pichel e Perseo Textil, S.L., que non comparecen, así como os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., sen que ningún deles compareza, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 10 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por María del Pilar Díaz Guillín fronte ás empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Rogelio Bodelo Pichel (desistido) e Perseo Textil, S.L., así como aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisble, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 3 de abril de 2017.

– Condénase á empresa Deus Creaciones, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 8.402,55 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 35,87 euros diarios. Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Rogelio Bodelo Pichel e Perseo Textil, S.L. vinculando os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Rogelio Bodelo Pichel e Perseo Textil, S.L., os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisble, S.L., Shivshi, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza