Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (408/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 408/2017 por instancia de María del Carmen Varela Patiño contra as empresas Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Deus Deluxe, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., os administradores concursais de Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e cantidade, nos cales se ditou sentenza o 9 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por María del Carmen Varela Patiño fronte ás empresas Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Deus Deluxe, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como as administracións concursais de Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que unía a traballadora demandante con Confecciones Deus, S.L.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a aboar á demandante as seguintes cantidades:

● Vinte e sete mil catrocentos noventa e seis euros con oitenta céntimos de euro (27.496,80 euros) en concepto de indemnización.

● Catro mil seiscentos trinta e nove euros con cinco céntimos de euro (4.639,05 euros) en concepto de salarios pendentes de pagamento, cantidade que devindicará os xuros moratorios do 10 %.

Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Shisvi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Deus Deluxe, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., vinculando os administradores concursais de Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Deus Deluxe, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza