Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 12/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 12/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian José Baleato Nieto contra Vilariño Enxebre, S.L., Lizagalicia, S.L., Pérez Castro Natalia, S.L.N.E., Esugani, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar as executadas, Vilariño Enxebre, S.L., Lizagalicia, S.L., Pérez Castro Natalia, S.L.N.E. e Esugani, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 48.865,97 euros en concepto de principal (4.025,19 euros en concepto de indemnización, 27.612,88 euros en concepto de salarios de tramitación, 14.439 euros en concepto de salarios e 2.788,9 euros en concepto de xuro de mora) máis outros 4.886,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens das executadas.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo da recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Vilariño Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza