Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación e notificación (ETX 53/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Manuel Ares González contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., sobre despedimento, se ditaron resolucións cuxas partes dispositivas se xuntan:

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Juan Manuel Ares González fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019.

Tendo presentado o traballador Juan Manuel Ares González escrito en que exixía que o empresario Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L. cumprise a obrigación de readmisión, e unha vez despachado auto de execución de título xudicial, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e fágaselles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o vindeiro día 17.6.2019, ás 10.40 horas, para a celebración da comparecencia.

– Citar, así mesmo, os administradores concursais das entidades coexecutadas Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., para o que se expedirán as correspondentes cédulas de citación que se remitirán aos destinatarios vía Lexnet.

– A parte executante, as entidades coexecutadas Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L. e o Fogasa entenderanse citados coa notificación da presente resolución ás súas representacións procesuais.

– Así mesmo, acordo a citación da codemandada Hipescar, S.L. por medio de edictos.

– De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste da súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza