Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2018/8690 AT).

Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: modificación do CT 2459 Nueva Misericordia.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

Reforma do CT (2459) Nueva Misericordia, para unha potencia máxima admisible de 1.260 kVA, consistente en:

• Obra civil.

Demolición de tabiques existentes, elevación do nivel do chan para a realización de canles de cables e depósitos de recollida de aceite, instalación de mamparas de protección, instalación dunha nova porta de entrada, instalación de protección mecánica na saída de BT, instalación de tapas nas canles de cables.

• Obra eléctrica.

Instalación dun transformador de 400 kVAs en substitución dun de 100 kVAs, mantense tamén un transformador existente de 250 kVAs, instalación de dúas novas celas de liña e dúas de protección, novo circuíto de terras e iluminación, instalación de dous cadros de baixa tensión e desmontaxe da aparamenta e embarrado ao aire de media tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e as competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de marzo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo