Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2017/347-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: melloras nas instalacións do CT Brandariz.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: mellora nas instalacións do centro de transformación Brandariz, situado na rúa Castelao, nº 18, Vilagarcía de Arousa, consistente na substitución dos cables de media e baixa tensión existentes por cables ignífugos, recolocación do cadro de baixa tensión e do transformador, substitución de portas de acceso ao CT e instalación de ventilación forzada no CT.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual. No mencionado prazo poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto estará dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Vilagarcía de Arousa; referencia catastral: 9260001NH1196S; titular: Comunidade de propietarios Arzobispo Lago 17 e Castelao 18; afección: 25 m2 para 12 metros lineais de 2 tubaxes de ventilación forzada.