Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte Cruz e Toiré, do concello de Lugo (expediente 42/80).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 27.3.2019, figura o seguinte acordo:

«Monte Cruz e Toiré (expediente 42/80), pertencente aos veciños da parroquia de Benade, do termo municipal de Lugo. O 8.6.2018 recíbese copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, do 7.11.2017, ditada no procedemento ordinario 468/2017, na cal, estimando a demanda presentada se declara: “[...] Acordo ter por sometida á demanda, Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Cruz e Toiré, en todas as pretensións da parte demandante [...]”. A seguir relaciona os predios (identificados por polígono e parcela) e o seu propietario.

O 25.6.2018 tivo entrada escrito presentado por José Manuel Lombao Fernández como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega.

Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, o 31.1.2019 emítese informe (núm. 56/18 e 60/18) especificando as modificacións resultantes, nos termos que no dito informe se describen, quedando o monte Cruz e Toiré cunha superficie de 58,8 hectáreas, tras a devandita sentenza e revisión de esbozo. Achégase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa».

Lugo, 23 de abril de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo