Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Castelo, concello de Guntín (expediente 141/75).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 27.3.2019, figura o seguinte acordo:

«Monte Castelo (expediente 141/75), pertencente aos veciños da parroquia de Castelo, do termo municipal de Guntín. O 28.5.2018 recíbese copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, do 27.9.2016, ditada no procedemento de xuízo verbal 162/2016, na cal, estimando a demanda presentada declárase: “[...] que a parcela con referencia catastral 27023A130000430000KL pertence de forma íntegra a María Luisa Fernández López [...]”. Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, o 28.1.2019 emítese informe (núm. 50/18) especificando as modificacións resultantes, nos termos que no dito informe se describen, co que o monte Castelo queda cunha superficie de 113,8 hectáreas. Achégase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación».

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 23 de abril de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo