Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de abril de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 32/75 e once máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 27.3.2019, figuran os seguintes acordos:

• Monte de Santa Locaia (expediente 32/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Locaia de Parga, do concello de Guitiriz.

O día 26.5.2017 tivo entrada escrito presentado por Juan García Blanco como presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta, emendada o 21.11.2017.

O 3.12.2018 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 44/17), en que consta o seguinte: comprobada a titularidade catastral das superficies solicitadas, salvo unha, todas figuran a nome do monte veciñal.

Despois desta solicitude, recibíronse alegacións de Financiera Maderera, S.A., Josefa Ulla Lamas, José Fernández Ramos, Carmen Pardo González-Rosón e Darío Costa Silvosa, que achegaron documentación diversa que foi remitida á comunidade para o seu coñecemento e pronunciamento previo á proposta.

No mes de setembro de 2018, a comunidade presenta un informe contestando as alegacións onde expón que todos os negocios xurídicos son nulos ao existir unha sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, do 8.11.1957, pola que se conclúe un preito iniciado polos veciños de Santa Locaia contra o Patrimonio Forestal do Estado e o Concello de Guitiriz. Na demanda os veciños manifestan ser donos en plena propiedade, en común e pro indiviso dos montes que reclaman e solicitaban ser os lexítimos donos por ser historicamente os veciños con casa aberta na parroquia os lexítimos posuidores dos montes. Reclamábanse as seguintes propiedades: monte de Gándaras de Arriba, monte da Conchada, monte de Raposeira, monte de Outeiro, monte de Pena Taberna, monte de Porto Carreiro, monte do Curro, monte de Fonte dos Barreiros, monte da Beliña. Todos eles foron cartografados nun informe pericial presentado polos demandados, que son claros e precisos e identifican con gran precisión os perímetros destes.

Os veciños discutían a condición de ben comunal do Concello, xa que serían os veciños da parroquia os lexítimos propietarios como comunidade constituída pola condición de veciñanza.

Na sentenza declárase que as parcelas recollidas no feito primeiro da demanda son de propiedade privativa da comunidade de veciños da parroquia de Santa Locaia e declara nulo o consorcio entre o Patrimonio Forestal do Estado e o Concello de Guitiriz, anulando o rexistro da propiedade a favor do Concello.

Todas as reclamacións presentadas, polo que atinxen aos terreos amparados na sentenza de 1957, non poden ser tidas en consideración por contradicir a natureza da propiedade recoñecida xudicialmente.

Na súa proposta, o Servizo de Montes axustouse aos planos contidos na demanda aceptada pola sentenza de 1957, axustándose tamén á planimetría catastral que na actualidade pertence á comunidade, incluída a parcela que, a pesar de ser recentemente segregada, está dentro do monte recoñecido xudicialmente.

Como consecuencia de todo a anterior de conformidade coa nova cartografía, o monte de Santa Locaia queda cunha superficie de 462,2 ha, tras a revisión do esbozo.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Louxeira (expediente 125/79), pertencente aos veciños da parroquia de Torre, do concello de Vilalba. O 30.11.2017 tivo entrada escrito presentado por Carlos Cazón Rivas como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. O 5.2.2018 presenta unha emenda á dita solicitude. O 9.11.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 85/17) para o monte Louxeira, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 111 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte de Castrolanzán (expediente 139/78), pertencente aos veciños do lugar de Castrolanzán, da parroquia de Penarrubia, do concello de Baralla. O 2.2.2018 tivo entrada escrito presentado por Javier Enrique Fernández Fernández como representante da comunidade, no que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 30.11.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 12/18) para o monte de Castrolanzán, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 283,11 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Teixeira de Arriba (expediente 144/78), pertencente aos veciños do lugar de Teixeira de Arriba, da parroquia de Penarrubia, do concello de Baralla. O 2.3.2018, tivo entrada escrito presentado por Manuel Fernández Gómez como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 22.1.2019, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 24/18) para o monte Teixeira de Arriba, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 64 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte de Anxeriz (expediente 41/75), pertencente aos veciños da parroquia de Anxeriz, do concello de Friol. O 23.11.2017, tivo entrada escrito presentado por Jesús Devesa Santalla como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Esta solicitude foi emendada o 14.12.2018. O 19.12.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 81/17) para o monte de Anxeriz, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 468 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte de Narla (expediente 42/75), pertencente aos veciños da parroquia de Narla, do concello de Friol. O 19.11.2018, tivo entrada escrito presentado por Yolanda Arias Corredoira como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 27.2.2019 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 89/18) para o monte de Narla, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 380 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte das Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Pontigo, Cales Vellas e Sande (expediente 129/80), pertencente aos veciños da parroquia de Pedreda, do concello de Lugo. O 18.1.2018, tivo entrada escrito presentado por Belén Vidal Abad, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Esta solicitude foi emendada o 20.12.2018. O 9.1.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 4/18) para o monte das Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Pontigo, Cales Vellas e Sande, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 180,7 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Ana Díaz, Chaira e Vidual (expediente 61/76), pertencente aos veciños da parroquia da Penela, do concello de Monforte de Lemos. O 24.10.2018 tivo entrada escrito presentado por José Manuel Fernández López, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Esta solicitude foi completada o 28.2.2019. O 6.3.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 84/18) para o monte Ana Díaz, Chaira e Vidual, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 261,5 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte de Labio (expediente 44/80), pertencente aos veciños da parroquia de Labio, do concello de Lugo. O 21.2.2018, tivo entrada escrito presentado por Rosalía García Gesto López, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 20.2.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 73/18) para o monte de Labio, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 428 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros (expediente 25/78), pertencente aos veciños da parroquia de Meda, do concello de Castroverde. O 1.3.2018 tivo entrada escrito presentado por José Vilar Pardo, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 26.2.2019. O 1.3.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 25/18) para o monte Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 664,41 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Penalba e Alberío, Pico, Castro de Rei e Escachelada, Gramea, Crichal, Serra da Eireita e Chá (expediente 52/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarbuxán, do concello de Bóveda. O 4.6.2018 tivo entrada escrito presentado por José Manuel Rodríguez Rodríguez, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 17.7.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 52/18) para o monte Penalba e Alberío, Pico, Castro de Rei e Escachelada, Gramea, Crichal, Serra da Eireita e Chá, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 124,2 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras (expediente 10/80), pertencente aos veciños da parroquia de Saa no termo municipal do Páramo. O 8.6.2018 tivo entrada escrito presentado por María Isabel López Silvosa, como presidenta da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 14.3.2019. O 18.3.2019 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 57/18) para o monte Verducedo, Costa de Páramo e Costoiras, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 236,5 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía, e tendo en conta a avinza efectuada coa comunidade de Goián (Sarria). Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 16 de abril de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo