Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 9 de maio de 2019 Páx. 22481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución relativa á revisión cartográfica e documental do Acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña).

Con data do 2 de abril de 2019, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, a fin de obter a coordinación entre os datos gráficos e os alfanuméricos de diversos predios resultantes do Acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña), ditou a seguinte resolución:

«O Acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña) aprobado pola dirección xeral competente con data do 16 de decembro de 2003, que foi obxecto de publicación conforme a lexislación vixente e actualmente encóntrase pendente de firmeza.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria e do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, e as normas establecidas para a inscrición no correspondente rexistro da propiedade dos predios resultado do proceso, e na cal non poden existir discrepancias superiores ao 10 % entre os datos alfanuméricos e os gráficos dos predios, levouse a cabo a revisión cartográfica e documental do acordo da antedita zona de concentración parcelaria.

Resultado da dita revisión –logo do trámite de audiencia– faise necesaria a modificación dos predios que na presente resolución se indican.

Vistos o informe emitido polo Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias da Coruña, a Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria e do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións de aplicación ao caso.

Esta dirección xeral, ao abeiro da lexislación vixente, resolve modificar o acordo de concentración parcelaria da zona, no seguinte sentido:

1. Facer constar os predios nº 436, 439, do 691 ao 697 (ambos incluídos) e 17, tal e como se reflicte nos planos que se achegan.

2. Facer constar os predios que a seguir se relacionan coas superficies que seguidamente se indican:

Predio

Propietario

Sup. despois

17

109

173

436

561

2612

439

212

989

691

1017

3680

694

1020

198

695

1160

375

696

654

999

697-1

655

823

697-2

655

182

719-1

133

190

719-2

133

299

777

577

1355

3. Facer constar os predios de propietario descoñecido (prop. nº 1118) e do fondo de terras (prop. nº 1200) que se indican coas superficies seguintes:

Prop.

Nome

Predio

Subpredio

Sup. despois

1118

Descoñecidos

405

0

273

1118

Descoñecidos

630

1

621

1118

Descoñecidos

1045

0

1818

1118

Descoñecidos

1082

0

6099

1118

Descoñecidos

1099

0

2956

1118

Descoñecidos

1107

0

2606

1118

Descoñecidos

1205

0

246

1118

Descoñecidos

1240

0

2062

1118

Descoñecidos

1601

0

15

1118

Descoñecidos

1682

0

384

1118

Descoñecidos

1717

0

306

1118

Descoñecidos

1802

0

262

1118

Descoñecidos

1827

2

1237

1118

Descoñecidos

1837

0

2155

1118

Descoñecidos

1849

0

236

1118

Descoñecidos

1852

0

1047

1118

Descoñecidos

1859

0

1864

1200

Masas comúns

605

0

729

1200

Masas comúns

843

0

680

1200

Masas comúns

911

0

4409

1200

Masas comúns

1081

3

3404

1200

Masas comúns

1097

0

1738

1200

Masas comúns

1104

0

1191

1200

Masas comúns

1182

1

276

1200

Masas comúns

1259

2

1717

1200

Masas comúns

1783

0

303

1200

Masas comúns

1829

0

381

A presente resolución non esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación».

A Coruña, 16 de abril de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña