Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 391/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 391/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ares González contra Sepe, Campiñas de Laiño, S.A., TXSS, INSS, Hipescar, S.L. e Refojo y González, S.L. sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Declárase que a parte demandante desiste das accións exercidas fronte ao INSS e á TXSS.

E debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Ana María Ares González contra o Servizo Público de Emprego Estatal (e contra as entidades Campiñas de Laiño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. e, en consecuencia, debo declarar o dereito da demandante a percibir a prestación de desemprego na contía da base reguladora diaria de 40,65 euros, co dereito á percepción das diferenzas da prestación que se vaian xerando, xuros, revalorizacións e complementos que legalmente correspondan, e con todos os dereitos inherentes á dita declaración, condenando a todas as demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, con obriga de anticipo por parte do SPEE e sen prexuízo da acción de repetición fronte ás empresas e codemandadas.

Notifíquese as partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtense as partes que contra a presente resolución se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65, e indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 Social Suplicación», e acreditalo, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

A letrada da Administración de xuztiza