Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 441/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 441/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Miguéns Castelo contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Francisco Miguéns Castelo, representado e asistido pola letrada Sra. Beceiro Villadóniga, contra a entidade Lineanorte Multiservicios, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.407,00 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza