Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22042

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 11 de abril de 2019 pola que se autorizan, na modalidade a distancia, ensinanzas deportivas no centro Jesús Morlán Fariña, de Verducido (Pontevedra).

Por Orde do 6 de novembro de 2017 autorízase a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas deportivas (CAD) denominado na actualidade Jesús Morlán Fariña, de Verducido (Pontevedra), para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo en piragüismo de augas bravas, piragüismo de augas tranquilas e piragüismo recreativo guía en augas bravas, e dos títulos de técnico deportivo superior en piragüismo de augas bravas e piragüismo en augas tranquilas.

O representante da titularidade do devandito centro solicita autorización para impartir as mencionadas ensinanzas na modalidade a distancia.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e no seu artigo 24 sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

O Decreto 109/2017, do 28 de setembro, establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio, e na súa disposición adicional primeira cita a oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo dos títulos de técnico deportivo en piragüismo de augas bravas, técnico deportivo en piragüismo de augas tranquilas e técnico deportivo en piragüismo recreativo guía en augas bravas. Os módulos de ensino deportivo que se detallan no anexo XVIII poderán ofertarse a distancia, sempre que se garanta que o alumnado poida conseguir os seus resultados de aprendizaxe.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar na modalidade a distancia os módulos relacionados do bloque común e especifico no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: Jesús Morlán Fariña.

Código do centro: 36024975.

Titular: Federación Galega de Piragüismo.

Domicilio: r/ Gavián, s/n.

Localidade: Verducido.

Concello: 36151 Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Módulos que se autorizan na modalidade a distancia (anexo XVIII do Decreto 109/2017):

Ciclo inicial

Ciclo final

Bloque común

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Bloque específico

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional