Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22040

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 11 de abril de 2019 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado Big Formación de San Cibrao das Viñas para impartir o ciclo formativo de grao medio Emerxencias Sanitarias.

A titularidade do centro privado (CPR) Big Formación de San Cibrao das Viñas (Ourense) solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Emerxencias Sanitarias.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Big Formación.

Código do centro: 32020914.

Domicilio: Parque Tecnolóxico de Galicia, edificio CEI-3º andar.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Concello: 32911 San Cibrao das Viñas.

Provincia: Ourense.

Titular: Academia Trinidad, S.L.

Composición resultante:

Formación profesional:

1 CM Emerxencias Sanitarias (2 unidades, 30 alumnos/as unidade).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional