Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 488/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 488/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Augusto Gómez Mallo contra a empresa Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame se xunta:

Ditame

Estímase a demanda presentada por instancia de Augusto Gómez Mallo contra a entidade Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.042,47 euros en concepto de diferenzas retributivas e salarios desde maio a decembro de 2015, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E, igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza