Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21925

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 458/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 458/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Barreiro Malvar contra a empresa Calvi Proyectos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decisión:

Estímase a demanda presentada por instancia de César Barreiro Malvar contra a entidade Calvi Proyectos, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.019,10 euros (netos) como cantidades que se deben en concepto de salarios debidos, vacacións non gozadas e parte proporcional das pagas extras, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza