Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (317/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 317/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Porto Castro, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2019.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 317/2017 en que son parte, como demandante, Roberto Porto Castro, asistido pola letrada Sra. Arnoso Moure e, como demandados, Ambuibérica, S.L., asistida polo letrado Sr. Cabado Cabezas, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, do mesmo xeito que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Roberto Porto Castro fronte a Ambuibérica, S.L. e Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e, en consecuencia, condénanse solidariamente as demandadas a aboar ao demandante a cantidade de 3.583,81 euros, máis o 10 % de xuro por demora. Condénase a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. ao pagamento dos honorarios de asistencia letrada da parte demandante dentro do límite legal.

Sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza