Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (380/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 380/2017 por instancia de Verónica Bujía Muíños contra as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shisvi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L. e Plataforma Costurera, S.L., así como aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 1 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda interposta por Verónica Bujía Muíños fronte ás empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shisvi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L. e Plataforma Costurera, S.L., así como aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 20 de marzo de 2017.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 20.050,44 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 49,42 euros diarios. Das devanditas cantidades responderá solidariamente as empresas Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shisvi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L. e Plataforma Costurera, S.L., vinculando os administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shisvi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L. e Plataforma Costurera, S.L., así como aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shisvi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza