Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21918

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (MMC 1155/2017).

Eu, Sarai Paniagua Aceira, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncio que, en virtude do acordado nos autos de MMC modificacion de medidas suposto contencioso 1155/2017, no procedemento de orixe divorcio contencioso 273/2013, interposto pola demandante Celeste Álvarez Pérez, representada de procuradora Celsa Múñoz Leira e avogada María Jesús Rivas Pintos, contra o demandado Ignacio García Barreiro, se ditou a seguinte Sentencia en Vigo o 16 de novembro de 2018. Vista por min, Mª Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta, esta demanda (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito), resolvo que, estimando integramente a demanda de modificación das medidas definitivas presentada pola procuradora Sra. Muñoz Leira, en nome e representación de Celeste Álvarez Pérez, contra Ignacio García Barreiro, en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal, declaro extinguida desde a data desta resolución a pensión de alimentos que Ignacio García Barreiro debe aboar a favor da súa filla, Marta García Álvarez, establecida na Sentenza número 122, do 10 de marzo de 2014, ditada no procedemento de divorcio contencioso, tramitado ante este xulgado co número 273/2013, e elevar a pensión compensatoria que Ignacio García Barreiro debe aboar a favor de Celeste Álvarez Pérez á cantidade de 400 euros mensuais. Sen imposición das custas a ningunha das partes. Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da notificación da sentenza. Así o acorda, manda e asina, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido. Ao estar o dito demandado, Ignacio García Barreiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza