Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21916

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (PO 712/2017).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 160/2018.

Vigo, 15 de novembro de 2018.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 712/2017 séguense por instancia de Caixabank, S.A., representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez e dirixida polo letrado Xosé Manuel Fernández Varela contra María Rebeca Fernández Prieto e Jaime Fernández Álvarez, declarados en situación de rebeldía procesual, e contra de Francisca Prieto Cayetano, representada pola procuradora Carolina Riobó Pérez e dirixida pola letrada Paloma Oriente Sánchez Martínez-Zárate, os cales teñen por obxecto unha acción de resolución contractual…

Resolución:

Estimo totalmente a demanda formulada por Caixabank, S.A. contra Francisca Prieto Cayetano, María Rebeca Fernández Prieto e Jaime Fernández Álvarez, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Francisca Prieto Cayetano, María Rebeca Fernández Prieto e a Jaime Fernández Álvarez a aboarlle a Caixabank, S.A., de xeito solidario, a cantidade de 130.612,01 euros, comprensiva das cotas vencidas e non satisfeitas, do capital anticipadamente vencido e máis os xuros moratorios reportados ata a data do peche da conta do contrato de crédito con garantía hipotecaria formalizado mediante escritura pública do 24 de abril de 2006. Os xuros moratorios continuarán a reportarse, desde a data do peche da conta do crédito, ao mesmo tipo do xuro ordinario, ata o completo pagamento. E será o do xuro legal, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentencia (artigo 576 da LAC). A entidade demandante contará coa preferencia que resulte do dereito de hipoteca constituído a prol seu na devandita escritura pública de crédito con garantía hipotecaria do 24 de abril de 2006 para facer efectivo o seu dereito de crédito en vía executiva, de ser precisa esta para a satisfacción do seu crédito.

2º. Condeno a Francisca Prieto Cayetano, María Rebeca Fernández Prieto e Jaime Fernández Álvarez a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados María Rebeca Fernández Prieto e Jaime Fernández Álvarez, e para servir de cédula de notificación, expídese o presente edicto.

Vigo, 8 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza