Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 57/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor Heinzen Bastian contra Renovación Estética del Automóvil, S.L., sobre ordinario, se ditou o Auto en que se despacha execución do 12 de abril de 2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Renovación Estética del Automóvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza