Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21432

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 8 de abril de 2019 polo que se anuncia a convocatoria de probas selectivas para ingresar por promoción interna nunha praza do corpo superior.

Entre as medidas de planificación dos recursos humanos para o ano 2018 acordadas na mesa de negociación e aprobadas pola Mesa do Parlamento de Galicia na súa reunión do 28 de xaneiro de 2019, inclúese a provisión dunha praza do corpo superior do Parlamento de Galicia.

En cumprimento deste obxectivo, a Mesa do Parlamento de Galicia acorda:

– Convocar un proceso selectivo para ingresar por promoción interna no corpo superior do Parlamento de Galicia a cubrir a dita praza.

– Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria, ao abeiro do disposto nos artigos 30.1.2 e 60.3 do Regulamento do Parlamento de Galicia e no artigo 16 do seu Estatuto de persoal.

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

1.1. O obxecto desta convocatoria é a selección dunha persoa para ingresar no corpo superior do Parlamento de Galicia e cubrir unha praza do grupo A, mediante promoción interna. O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

1.2. Ao proceso selectivo seralle aplicable o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia (DOG núm. 248, do 26 de decembro de 2007), así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. Incompatibilidades. A praza está sometida ao réxime xeral de incompatibilidades establecido no Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Segunda. Requisitos das persoas aspirantes

Para seren admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Pertencer ao corpo de xestión do Parlamento de Galicia e ter unha antigüidade neste corpo de, polo menos, dous anos.

b) Estar en posesión –ou en condición de obtelos– da licenciatura ou grao nunha titulación de calquera rama.

c) Non exceder a idade de xubilación forzosa.

d) Non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das funcións correspondentes.

e) Non ter sido obxecto dunha separación de servizo mediante un expediente disciplinario nin dunha inhabilitación con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

Os requisitos establecidos deberán cumprirse no último día de prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento do nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira do corpo a que pertence a praza resultante deste proceso.

Terceira. Solicitudes

3.1. Solicitantes. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán formular a súa solicitude segundo o modelo que figura como anexo II destas bases, que tamén estará dispoñible na páxina web do Parlamento de Galicia.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

a) Un xustificante de ter pagados os dereitos de exame ou, na súa falta, a documentación acreditativa de se encontrar nalgunha das situacións a que fai referencia esta convocatoria, susceptibles da exención do pagamento.

b) A declaración de que non se atopa separada, a través de expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin de estar inhabilitada para o exercicio de funcións públicas, así como de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das correspondentes funcións (anexo III).

c) O documento xustificativo orixinal ou a fotocopia debidamente compulsada de estar en posesión do curso de Celga 4 ou de perfeccionamento de coñecemento da lingua galega, ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio.

d) A documentación acreditativa dos méritos alegados na fase de concurso.

As solicitudes dirixiranse á Presidencia do Parlamento de Galicia. O prazo de presentación será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, situado na rúa do Hórreo, en Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3.2. Dereitos de exame.

O seu importe, de 42,24 euros, acreditarase xuntando á solicitude para participar nas probas selectivas o xustificante do ingreso realizado mediante transferencia bancaria na conta corrente de Abanca ES 50 2080 0388 21 3110000502, no cal se indicará: «Taxas selección CSP» e o nome e, apelidos e DNI da persoa aspirante.

Ás persoas aspirantes excluídas devolveráselles o importe ingresado, sempre que o soliciten no prazo dun mes, contado desde a publicación da relación definitiva de admitidos e excluídos no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (BOPG).

Non obstante, estará exento do pagamento da taxa dos dereitos de exame quen estea incurso nalgunha das situacións ás que fai referencia a normativa vixente en materia de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.3. Discapacidades.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente, e deberán solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Cuarta. Admisión de aspirantes

Logo de rematar o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia ditará unha resolución na que declarará aprobada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas inicialmente, xunto coa motivación da exclusión, se for o caso. Esta resolución publicarase no BOPG, así como na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).

As persoas aspirantes excluídas inicialmente dispoñerán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no BOPG, para poderen alegar ou emendar, de ser o caso, o defecto que motiva a exclusión.

Quen, no prazo sinalado, non repare a causa de exclusión ou alegue a omisión será definitivamente excluído da participación no proceso selectivo.

Ao transcorrer o antedito prazo, a Presidencia ditará unha resolución pola que determinará a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no BOPG e na páxina web corporativa. A estimación ou desestimación das emendas achegadas entenderase implícita nesta resolución definitiva e a súa publicación servirá de notificación a quen presentase alegacións.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, ou ben poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ambos os dous desde o día seguinte ao da súa publicación no BOPG, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos nestas bases. Cando da documentación que deba presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, a persoa interesada decaerá en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación neste procedemento.

Quinta. Tribunal cualificador

5.1. Composición.

O tribunal cualificador das probas selectivas será designado pola Presidencia da Cámara de acordo coa normativa reguladora da función pública aplicable nesta materia. Non poderá estar composto maioritariamente por persoal do corpo ou escala de que se trate. Ningunha persoa integrante terá titulación inferior á exixida para a admisión ás probas. Na súa composición débese atender aos principios de imparcialidade e profesionalidade e ás normas de igualdade de mulleres e homes.

Correspóndenlle ao tribunal cualificador as funcións relativas á determinación concreta do contido dos exercicios e a cualificación das persoas aspirantes, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo. O tribunal queda facultado para resolver todas as dúbidas que xurdan na interpretación e aplicación das normas contidas nas bases da presente convocatoria, e para determinar a actuación procedente nos casos non previstos.

O tribunal adoptará as medidas oportunas que permitan que as persoas aspirantes con algunha discapacidade que así o indicasen na solicitude poidan participar nas probas en igualdade de condicións que o resto das persoas participantes.

O tribunal poderá acordar solicitarlle á Oficialía Maior a incorporación de asesores e asesoras especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide necesario, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales persoas asesoras deberáselle comunicar á Presidencia do Parlamento de Galicia.

5.2. Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberán absterse ou poderán ser recusados por calquera persoa interesada, e particularmente polas persoas aspirantes, cando concorra algún dos supostos previstos nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes relativas a procesos selectivos de acceso ao corpo e escala a que corresponde a praza obxecto desta convocatoria nos cinco anos anteriores ao da súa publicación. Neste caso, deberanllo comunicar á Presidencia do Parlamento. Cando se produza esta situación, e consecuentemente a vacante dun membro do tribunal titular, o seu suplente cubrirá o devandito posto e a Presidencia designará un novo ou nova suplente.

A presidenta ou presidente do tribunal, na sesión de constitución prestará e solicitará dos membros do tribunal unha declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou na prevista nestas bases.

5.3. Constitución e actuación.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia da maioría dos seus membros e será necesaria, en todo caso, a presenza do presidente ou da presidenta e do secretario ou da secretaria.

As decisións adoptaranse por maioría dos presentes.

O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de corenta días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A convocatoria da realización dos sucesivos exercicios será efectuada polo tribunal, e publicarase na páxina web do Parlamento de Galicia, polo menos corenta e oito horas (48 h) antes da data e hora sinaladas para o seu inicio.

Por cada sesión do tribunal redactarase a acta coa sinatura do secretario ou da secretaria e o visto e prace do presidente ou da presidenta.

En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao da praza convocada. Será nula de pleno dereito calquera proposta de selección que o contraveña.

Para efectos de comunicacións e posibles incidencias, o tribunal cualificador terá a súa sede no domicilio oficial do Parlamento de Galicia, rúa do Hórreo nº 63, 15701 Santiago de Compostela.

Sexta. Proceso de selección

O sistema de selección será o de concurso-oposición.

6.1. Fase de oposición.

A fase de oposición da proba selectiva constará de tres exercicios obrigatorios, salvo a excepción sinalada máis adiante para o terceiro exercicio. Os temas que rexerán as probas selectivas serán os publicados como anexo I a estas bases.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, na data de publicación no BOPG do nomeamento do tribunal, estean publicadas oficialmente no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior. As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que fosen derrogadas parcial ou totalmente, nas condicións temporais do parágrafo anterior, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total.

6.1.1. Exercicios.

– Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cincuenta (50) preguntas referido ao temario que se inclúe nesta convocatoria. O cuestionario estará composto por preguntas con tres respostas alternativas, das cales só unha delas será correcta.

No test poderán poñerse ata cinco preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente. Por cada pregunta incorrecta non se descontará puntuación. O tempo máximo de duración desta proba será dunha hora e valorarase de 0 a 20 puntos.

– Segundo exercicio. Terá dúas partes diferenciadas:

Primeira parte. Consistirá en desenvolver por escrito autógrafo, durante un tempo máximo de tres horas, dous temas que elixirán as persoas aspirantes entre catro temas sacados por sorteo, un deles entre todos os temas do temario do anexo I e o outro entre os temas comprendidos entre o tema 21 e o tema 76.

Esta proba valorarase de 0 a 20 puntos. Correspóndelle ao tribunal determinar a súa puntuación atendendo aos coñecementos, á claridade, á orde de ideas e á calidade da expresión escrita.

Segunda parte. Consistirá na resolución dun suposto práctico, que elixirán as persoas aspirantes entre dous propostos do tribunal, e no que se suscitarán cuestións diversas relacionadas cos distintos contidos do programa, durante un tempo máximo de tres horas.

Neste suposto práctico as persoas aspirantes poderán levar e consultar os textos legais que consideren oportuno, e que non vaian acompañados de comentarios, opinións nin xurisprudencia.

Esta proba valorarase de 0 a 20 puntos.

As persoas aspirantes, se o tribunal o considera oportuno, deberán realizar a lectura dos exercicios na data e hora que se anunciará polos mesmos medios que as convocatorias dos exercicios, con 24 horas de antelación.

O tribunal poderá determinar a realización dos dous exercicios na mesma sesión, sen prexuízo de que poida dispoñer a realización dunha pausa entre un e outro exercicio.

– Terceiro exercicio. Consistirá na realización de dúas traducións, unha do castelán para o galego e outra do galego para o castelán, durante o prazo máximo dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto.

Están exentos da realización deste terceiro exercicio os e as aspirantes que acrediten a posesión do Celga 4 ou curso de perfeccionamento de coñecemento da lingua galega, ou a correspondente validación expedida polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

6.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

O primeiro exercicio deberá realizarse no prazo máximo de corenta (40) días hábiles contados desde o día seguinte ao da constitución do tribunal.

Entre a realización dun exercicio e o seguinte deberán transcorrer un mínimo de 5 días hábiles.

A publicación do anuncio de realización dos sucesivos exercicios será efectuada polo tribunal e anunciarase no BOPG e na páxina web do Parlamento de Galicia, polo menos corenta e oito (48) horas antes da data e hora sinalada para o seu inicio.

As persoas aspirantes deberán presentarse, para a realización de cada exercicio, provistas do documento nacional de identidade ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán levar bolígrafo azul ou negro.

As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, e será excluído da oposición quen non compareza.

Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia ca a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e os colaboradores e colaboradoras designados por este, se for o caso.

Os exercicios distribuiranse en galego. Porén, tamén se lles distribuirán en castelán ás persoas aspirantes que así o soliciten.

En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento de que algún ou algunha aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, deberá acordar proceder á súa exclusión.

Os exercicios realizados non levarán ningunha marca ou sinal que permita identificar o seu autor ou autora. O tribunal facilitará a cada persoa aspirante dous sobres para introducir de xeito independente o exercicio realizado e a identificación do seu autor ou autora. Os sobres pecharanse e gramparanse conxuntamente, diante do/da interesado/a.

Os/as aspirantes non poderán acudir ao recinto do exame provistos/as de teléfono móbil, obxectos ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Ao remate das probas que consistan na contestación dun cuestionario, cada persoa aspirante poderá anotar e levar a relación das súas respostas.

6.1.3. Cualificacións.

No prazo das vinte e catro horas seguintes á realización de cada exercicio tipo test publicarase o seu contido e as respostas correctas no portal web corporativo.

As cualificacións de cada un dos exercicios publicaranse na páxina web do Parlamento de Galicia e no taboleiro de anuncios da Administración parlamentaria.

A cualificación final da oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos diferentes exercicios e para superar a fase da oposición será preciso acadar, polo menos, 30 puntos nos exercicios obrigatorios e ter a cualificación de apto no terceiro exercicio, se for o caso.

Unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, a puntuación da fase de oposición publicarase no BOPG e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es). Concederase, a partir dese momento, un prazo de dez días para que as persoas aspirantes fagan as alegacións que xulguen oportunas ante o tribunal.

6.2. Fase de concurso.

6.2.1. A fase de concurso consistirá en valorarlles aos e ás aspirantes que superen a fase de oposición os seguintes méritos:

a) Antigüidade, ata un máximo de 6 puntos:

– Polos servizos prestados como funcionario ou funcionaria de carreira do grupo B da Administración parlamentaria: 0,019 puntos/mes. Para estes efectos, considéranse servizos prestados o tempo de gozo da excedencia para o coidado de fillos e fillas e familiares.

– Polos servizos prestados como funcionario ou funcionaria de carreira do grupo B doutras administracións públicas: 0,010 puntos/mes. Para estes efectos, considéranse servizos prestados o tempo de gozo da excedencia por coidado de fillos e fillas e familiares.

– Traballo desenvolvido na Administración parlamentaria en anteriores postos en materias relacionadas co posto a que optan, ata un máximo de 2 puntos: 0,010 puntos por mes.

– Grao persoal consolidado, ata un máximo de 2 puntos, do seguinte xeito:

Nivel 20: 0,80 puntos.

Por cada unidade máis: 0,20 puntos.

b) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata un máximo de 0,5 puntos:

– Licenza de maternidade: 0,20 puntos/licenza.

– Permiso de paternidade: 0,20 puntos/permiso.

– Redución de xornada prevista no artigo 59.1.f) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia: 0,20 puntos. Para estes efectos, só se computará unha redución por ano.

– Excedencia para coidado de fillos e fillas e familiares: 0,04 puntos/mes.

c) Formación, ata un máximo de 2,5 puntos:

Pola realización de cursos de formación impartidos por instancia da Administración parlamentaria, impartidos por outras administracións públicas, escolas oficiais de formación das comunidades autónomas e universidades, ou por outras entidades, sempre que, neste último caso, os cursos conten cunha homologación oficial.

Para estes efectos, valoraranse os cursos realizados sobre dereito constitucional, dereito autonómico, biblioteconomía, documentación, arquivos, procedemento administrativo, contratación administrativa, xestión administrativa, persoal, igualdade, dereito sancionador, responsabilidade patrimonial, linguaxe administrativa, informática, lingua galega, idiomas oficiais da Unión Europea e calquera outra materia relacionada coas funcións propias destes postos de traballo.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Por cada curso igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 39 horas lectivas: 0,30 puntos por curso.

– Por cada curso igual ou superior a 40 horas lectivas e ata 74 horas lectivas: 0,50 puntos por curso.

– Por cada curso igual ou superior a 75 horas lectivas: 1 punto por curso.

Non se valorarán os cursos que non acrediten as horas de duración, nin os cursos inferiores a 12 horas lectivas, nin os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares.

6.2.2. A puntuación máxima da fase de concurso será de 12 puntos.

En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para superar a fase da oposición.

6.2.3. A documentación acreditativa dos méritos alegada nos puntos anteriores deberase referir á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

6.2.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, na páxina web do Parlamento de Galicia e no taboleiro de anuncios do Parlamento de Galicia, con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición, no caso de ter que se realizar este.

6.2.5. Os méritos a que se refire o punto 6.2.1, de non constaren en poder da Administración parlamentaria, deberán manifestarse na instancia e acreditarse coa seguinte documentación:

– Os servizos prestados noutras administracións públicas, así como os dereitos de conciliación exercidos nese período, mediante unha certificación da unidade de persoal do organismo correspondente. Xunto co certificado achegarase a documentación acreditativa debidamente compulsada dos méritos nel reflectidos, entre a cal se atopará o nomeamento como persoal funcionario, como interino ou como contratado administrativo, ou o contrato laboral.

– Os cursos de formación, mediante a presentación do orixinal ou copia compulsada do documento acreditativo de telo realizado e onde debe figurar o número de horas de duración do curso.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ao establecido neste punto ou as que, en calquera caso, non xunten a documentación acreditativa dos méritos reflectidos na certificación.

A puntuación obtida na fase de concurso publicarase no BOPG e na web corporativa. Os/as aspirantes dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para efectuar ante o tribunal as alegacións que coiden oportunas respecto da puntuación outorgada na fase de concurso.

Sétima. Listaxe de cualificacións finais

Rematadas as probas, o tribunal sumará os resultados obtidos por cada aspirante nas fases de concurso e oposición e publicaraos no BOPG e mais na páxina web corporativa. Só superará as probas a persoa aspirante que obteña a maior puntuación e na mesma resolución o tribunal elevará á Mesa do Parlamento unha proposta no seu favor.

No suposto de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, resolverase a favor do ou da aspirante que obtivese a puntuación máis alta no segundo exercicio, suma das dúas probas realizadas. De continuar o empate, resolverase acudindo ao resultado obtido no primeiro exercicio. E de persistir o empate, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso.

Oitava. Presentación de documentos

8.1. A persoa aspirante que supere o proceso selectivo deberá presentar ante a Presidencia do Parlamento, sempre que non conste en poder da Administración parlamentaria, no prazo de vinte días naturais desde que se faga público o acordo de aprobación pola Mesa do Parlamento de Galicia, a seguinte documentación: a fotocopia compulsada do título exixido na base segunda, alínea b) ou a certificación académica co xustificante do aboamento dos dereitos de expedición do título.

8.2. Se dentro do prazo fixado, e agás os casos de forza maior libremente apreciados polo letrado oficial maior, non presenta a documentación, ou se do exame dela se deduce que carece dalgún dos requisitos sinalados na base segunda, aquela non poderá ser promovida e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que poida incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Novena. Nomeamento

Unha vez presentados os documentos, de ser o caso, aos que fai referencia a base anterior, a Presidencia procederá ao nomeamento do ou da aspirante que superase o proceso selectivo como persoal funcionario do corpo superior do Parlamento de Galicia, que se publicará no BOPG e no DOG.

Posteriormente, deberá tomar posesión do posto que se lle asigne dentro do prazo dun mes desde a notificación do nomeamento.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente da Mesa do Parlamento de Galicia

ANEXO I

Temario do corpo superior do Parlamento de Galicia

Teoría xeral do dereito. Dereito constitucional

1. As fontes do dereito. A lei. O seu procedemento de elaboración. As leis orgánicas. As disposicións do Goberno con forza de lei: decretos lei e decretos lexislativos.

2. A Constitución española de 1978. Estrutura e principios básicos. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. O Estado autonómico. A reforma da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. Sistemas de protección dos dereitos e liberdades.

4. As institucións básicas do Estado (1). A Coroa. As Cortes Xerais: elección, composición e funcións do Congreso dos Deputados e do Senado. O Goberno: organización, estrutura e funcións.

5. As institucións básicas do Estado (2). O poder xudicial: configuración constitucional; o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Supremo, o Ministerio Fiscal, os tribunais superiores de xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. As institucións básicas do Estado (3). O Tribunal Constitucional, composición, competencias, organización e funcións. O control de constitucionalidade das normas con forza de lei. O recurso de inconstitucionalidade e a cuestión de inconstitucionalidade. O recurso de amparo. Os conflitos de competencias. A participación da Comunidade Autónoma na composición do Tribunal Constitucional.

7. A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. A organización institucional das comunidades autónomas. A delimitación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Relacións de cooperación e de coordinación e sistema de resolución de conflitos.

8. A Administración local. O municipio. A provincia. A organización municipal e provincial. Distribución de competencias. Outras entidades locais.

Dereito comunitario e institucións europeas.

9. Fontes do dereito comunitario. Regulamentos, directivas e decisións. As recomendacións e os ditames. Sistema de atribución de competencias á Unión Europea e as competencias dos Estados membros. Especial referencia ás relacións entre o Estado e comunidades autónomas na aplicación do dereito comunitario.

10. As institucións da Unión Europea. O Parlamento Europeo. O Consello Europeo. A Comisión Europea. O alto representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade. O Tribunal de Xustiza. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social. O Comité das Rexións. Outras institucións e órganos.

11. Os parlamentos nacionais e autonómicos na Unión Europea. Funcións no proceso de toma de decisións da Unión. Control da adecuación das propostas lexislativas aos principios de subsidiariedade e proporcionalidade. A Comisión Mixta para a Unión Europea das Cortes Xerais. A participación do Parlamento de Galicia no proceso e o seu procedemento.

Dereito autonómico e institucións públicas de Galicia.

12. A autonomía galega. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura, contido e natureza xurídica. O Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado. A reforma do Estatuto.

13. Ordenamento xurídico de Galicia. Leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

14. Bases fundamentais da autonomía galega. O territorio. Os símbolos. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos e as súas garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos.

15. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia.

16. A Presidencia da Xunta. Estatuto, mandato e competencias. A Xunta de Galicia. Composición, estrutura e funcionamento. Os conselleiros e as conselleiras: competencias, designación, estatuto, mandato, responsabilidade e cesamento.

17. A organización administrativa da Comunidade Autónoma. Principios estatutarios e legais de organización administrativa. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma: órganos directivos, órganos territoriais e unidades administrativas. As corporacións de dereito público de Galicia. As entidades instrumentais do sector público autonómico. O exercicio da potestade regulamentaria pola Administración e do Goberno de Galicia. A acción exterior da Xunta de Galicia. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

18. Outras institucións e órganos e a súa relación co Parlamento de Galicia (1). O Consello de Contas: composición, competencias e funcións. O Valedor do Pobo: competencias e funcións. Regulamento de organización e funcionamento. Informes do Valedor do Pobo. Resolucións do Valedor do Pobo.

19. Outras institucións e órganos e a súa relación co Parlamento de Galicia (2). Procedementos de elección, designación e propostas de nomeamento. Valedor do Pobo. Conselleiros do Consello de Contas. Senadores representantes da Comunidade Autónoma no Senado. Consello Galego de Universidades. Corporación Radio e Televisión de Galicia. Consello Económico e Social. Consello Consultivo de Galicia.

20. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado. A Comisión Mixta de Traspasos.

Dereito parlamentario.

21. As fontes do dereito parlamentario. A Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia. Regulamento do Parlamento de Galicia: estrutura e interpretación. Acordos interpretativos e normas complementarias. Outras fontes. Normas de réxime interior relativas á organización e ao funcionamento do Parlamento. Os precedentes, os usos e os costumes parlamentarios.

22. A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. A convocatoria e o desenvolvemento da sesión constitutiva. A Mesa de Idade. A elección da Mesa do Parlamento. A sesión solemne de apertura da lexislatura. A disolución do Parlamento.

23. Estatuto dos deputados e das deputadas (1). Adquisición da condición plena. A presentación da credencial. A declaración de incompatibilidades. O xuramento ou a promesa. Dereitos e deberes. A inviolabilidade e a inmunidade.

24. O Estatuto dos deputados e das deputadas (2). O Rexistro de Intereses da Cámara. A salvagarda dos dereitos pola Presidencia da Cámara. A disciplina parlamentaria. Obrigas e sancións. Suspensión e perda da condición.

25. Os grupos parlamentarios. Constitución, composición e funcionamento. O grupo parlamentario mixto. Singularidades na composición dos grupos parlamentarios. Os medios materiais postos á disposición dos grupos. O financiamento dos grupos e a súa publicidade. O control externo das subvencións e a rendición de contas.

26. Os órganos de goberno do Parlamento. A Presidencia: funcións. Réxime de suplencia. A Mesa. Composición e funcións. A Xunta de Portavoces, composición e funcións. Réxime de funcionamento.

27. Os órganos funcionais (1). O Pleno. Composición. Convocatoria. A execución dos acordos. A Deputación Permanente: funcións. Composición. Réxime de funcionamento. As ponencias e os grupos de traballo.

28. Os órganos funcionais (2). As comisións. Composición. Competencias e réxime de funcionamento. Tipoloxías. As comisións permanentes lexislativas e non lexislativas. Especificidades. As comisións especiais.

29. Os procedementos parlamentarios de natureza normativa. Os procedementos lexislativos ordinarios e especiais. A iniciativa lexislativa. A tramitación dos proxectos de lei e das proposicións de lei. O proxecto de lei de orzamentos anual. Marco de tramitación. Debate e aprobación.

30. A Xunta como destinataria da confianza parlamentaria. A investidura. A moción de censura. A cuestión de confianza. A delegación lexislativa na Comunidade Autónoma de Galicia. As comunicacións da Xunta de Galicia. O debate de política xeral.

31. Os procedementos de control e impulso. As proposicións non de lei e as mocións. Emendas. Debate. Os procedementos de control económico e orzamentario. A conta xeral da Administración da Comunidade Autónoma. As modificacións orzamentarias. O límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma.

32. Os procedementos relativos ás relacións do Parlamento con outras institucións e órganos: memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Memoria anual da Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia. Tribunal Constitucional: recursos de inconstitucionalidade; cuestións de inconstitucionalidade; recursos de amparo. Unión Europea: control da aplicación do principio de subsidiariedade nas iniciativas lexislativas europeas; rede de seguimento da subsidiariedade do Comité das Rexións.

33. A autonomía administrativa do Parlamento de Galicia. O Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia. A estrutura orgánica da Administración parlamentaria. As unidades administrativas. Os órganos da Administración parlamentaria. O réxime xurídico administrativo. Réxime xurídico das disposicións. O procedemento administrativo na Administración parlamentaria.

34. A xestión económica e financeira na Administración parlamentaria. O orzamento do Parlamento de Galicia: contido, elaboración, aprobación e prórroga. Os créditos e as súas modificacións. A execución e liquidación do orzamento. Os principios de actuación contable e a conta xeral do Parlamento de Galicia. O control e a fiscalización da xestión económica e financeira.

35. A aplicación do principio de transparencia na xestión orzamentaria. A xestión dos gastos de persoal: retribucións, devindicacións e liquidación. A xestión e o control dos gastos contractuais: autorización e compromiso de gastos, recoñecemento do deber, pagamento. A xestión dos gastos de transferencias. Regulamento de réxime orzamentario e contable do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo, BOPG nº 362, do 27 de maio de 2003.

Dereito administrativo xeral.

36. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (1). Principios xerais. A capacidade de obrar ante as administracións públicas. O interesado, representación, identificación e sinatura.

37. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (2). A actividade das administracións públicas. Normas xerais de actuación. Os prazos. Os actos administrativos, requisitos e eficacia. Obriga de resolver e silencio administrativo. As notificacións e as publicacións. Nulidade e anulabilidade.

38. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (3). O procedemento administrativo común: concepto e natureza. Fases e regulamento. O expediente administrativo. A instrución do procedemento. A tramitación simplificada. A execución das resolucións.

39. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (4). A revisión de oficio. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais de regulación. Outros procedementos de impugnación. A iniciativa lexislativa e a potestade normativa das administracións. Xerarquía, publicidade e principios de regulamento. A participación cidadá no procedemento de elaboración de normas. O plan anual normativo.

40. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (1). A organización administrativa do sector público. Disposicións xerais, principios de actuación e funcionamento. Os órganos administrativos. A competencia. Os órganos colexiados. A potestade sancionadora e a responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

41. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (2). Os convenios. Marco legal e tipoloxías. Requisitos de validez, contido, duración e extinción. Control polo Tribunal de Contas. As relacións interadministrativas. O deber de colaborar. A cooperación entre administracións públicas. Órganos, funcións e principios de actuación.

42. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (3). A Administración xeral do Estado. Organización e estrutura. Órganos superiores e directivos. Organización territorial da Administración xeral do Estado. O sector público institucional, organización e funcionamento. Os órganos públicos e os órganos autónomos. As entidades públicas empresariais de ámbito estatal.

43. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (4). As autoridades administrativas independentes de ámbito estatal. Definición e réxime xurídico. As sociedades mercantís estatais e os consorcios, definición e réxime xurídico. As fundacións do sector público estatal. Os fondos carentes de personalidade xurídica do sector público español.

44. Os principios da contratación pública no marco da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro. A contratación pública en España. Réxime xurídico e principios.

45. Cualificación dos contratos do sector público: obxecto, marco de actuación e limiares. Contratos administrativos e contratos privados. Xurisdición competente.

46. Necesidade e idoneidade dos contratos. Eficiencia. Prazo. Requisitos e contido mínimo dos contratos. Perfeccionamento dos contratos. Réxime de invalidez: causas de nulidade, de anulabilidade e revisión de oficio dos contratos. Efectos.

47. O recurso especial, procedementos e prazos. Efectos da interposición do recurso. Tramitación, resolución e os seus efectos. A competencia para contratar. Aptitude para contratar co sector público: acreditación. Capacidade e solvencia do empresario. Clasificación das empresas. Prohibición para contratar.

48. Obxecto do contrato. O orzamento base de licitación. Valor estimado e prezo. Garantías exixibles aos contratos subscritos coas administracións públicas.

49. Preparación dos contratos. O expediente de contratación. Tramitación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Condicións de subrogación nos contratos de traballo. Responsable do contrato.

50. A adxudicación dos contratos. Procedementos e modalidades. Características, tramitación e adxudicación. Anuncios, prazos e presentación de proposicións. Criterios de adxudicación. Clasificación das ofertas e adxudicación dos contratos. Adxudicación e formalización dos contratos.

51. Efectos e cumprimento dos contratos administrativos. Ampliación de prazos. Pagamento do prezo. Obrigas. Modificación dos contratos. Modificacións previstas e non previstas nos pregos de cláusulas administrativas. Suspensión e extinción. Causas de resolución e os seus efectos. Subcontratación.

52. A racionalización da contratación. Acordos marco: procedemento e adxudicación. Sistema dinámico de adquisición. Incorporación de empresas. Adxudicación.

53. O contrato de obras. O proxecto de obras, contido e supervisión. A implantación (replanteo). A execución das obras. Certificacións e aboamentos á conta. A modificación do contrato de obras. Recepción e garantía. Responsabilidade do contratista. Resolución.

54. O contrato de subministración. Entrega e recepción. Pagamento do prezo. Garantía. Resolución.

55. O contrato de servizos. Determinación do prezo. Execución do contrato. Causas de resolución.

56. Os órganos de contratación. As mesas de contratación. Os órganos consultivos en materia de contratación.

57. As sociedades mercantís: concepto. Criterios de clasificación. Causas de disolución das sociedades. O Rexistro Mercantil. Os rexistros oficiais de licitadores e empresas clasificadas. Rexistro de Contratistas do sector público. Plataformas de contratación do sector público. Normas para a utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos nos procedementos de contratación. Normas relativas aos medios de comunicación que se empreguen nos procedementos de contratación.

58. A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento: ámbito de aplicación. Concepto de subvencións. A concorrencia competitiva e a concesión directa. Negocios incluídos e excluídos da Lei xeral de subvencións. A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Bases reguladoras das subvencións. Tramitación e resolución. A regulación das subvencións no Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia.

59. A Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Concepto de patrimonio de Galicia. Clasificación de bens. Incorporación de bens e dereitos. Cambio de titularidade. Xestión patrimonial: adquisición, competencia e procedemento. Doazóns e comodatos.

60. Normativa reguladora en materia de igualdade. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a súa incidencia na Administración pública. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Emprego público e Seguridade Social.

61. A función pública. Concepto. Natureza e contido da relación xurídica entre a Administración e os/as empregados/as públicos. Normas constitucionais. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

62. Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. O persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e deberes. Código de conduta. Adquisición e perda da relación de servizo. Ordenación da actividade profesional. Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Cooperación entre as administracións públicas.

63. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (1). Principios informadores e ámbito de aplicación. Competencias en materia de persoal. Clases de persoal, concepto, funcións e requisitos. A estrutura do emprego público. Planificación. A oferta de emprego público.

64. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (2). A selección dos empregados públicos, principios xerais. Requisitos de acceso e procesos selectivos. Adquisición da relación de servizo. Perda e renuncia. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos. Dereitos económicos e protección social. As situacións administrativas.

65. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (3). A promoción profesional. A mobilidade. Dereitos colectivos dos empregados públicos. Negociación colectiva. Representación e participación. Órganos e procedementos. Réxime disciplinario, sancións e procedementos.

66. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (1). Obxecto e ámbito de aplicación. Órganos de persoal. Clasificación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia e rexistro de persoal. Comezo e extinción da relación de servizo. Planificación e ordenación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia. Provisión de postos e mobilidade. Acceso ao emprego público. Carreira e promoción profesional. Avaliación do desempeño. Formación e perfeccionamento.

67. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (2). Situacións administrativas. Sistema retributivo. Vacacións, licenzas e permisos. Representación, participación, negociación colectiva e dereito de reunión. Incompatibilidades. A protección social do persoal. O réxime disciplinario do persoal da Administración parlamentaria.

68. Normas reguladoras da xornada laboral semanal e do horario do persoal e de funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 267, 4.4.2014; BOPG núm. 674, 11.7.2016, e BOPG núm. 151, fasc. 1º, 24.7.2017). Normas reguladoras da flexibilización de xornada do persoal da Administración parlamentaria por motivos de conciliación da vida persoal e laboral (BOPG núm. 674, 11.6.2016). Normas reguladoras do teletraballo na Administración do Parlamento de Galicia. (BOPG núm. 324, 30.9.2010). Normas básicas reguladoras da carreira profesional do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 401, 19.12.2018). Normas reguladoras das eleccións á Xunta de Persoal da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 156, 8.6.2006).

69. A Seguridade Social. Réxime xeral e réximes especiais. A acción protectora da Seguridade Social. Tipos e características das prestacións. Réxime de incompatibilidades. A incapacidade temporal. O dereito ao subsidio. A incapacidade permanente. A pensión de xubilación.

70. O dereito do traballo: natureza e caracteres. Modalidades do contrato de traballo. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Relacións laborais especiais. Os convenios colectivos: concepto e réxime xurídico.

71. Seguridade, saúde e benestar laboral. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Participación dos traballadores. A Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. R.D. 171/2004, do 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei de prevención de riscos laborais en materia de coordinación de actividades empresariais. O Comité de Seguridade, Saúde e Benestar Laboral do Parlamento de Galicia. O procedemento para a prevención do acoso laboral e doutras discriminacións no traballo no Parlamento de Galicia (BOPG 138, do 30 de xuño de 2017).

72. R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. R.D. 604/2006, do 19 de maio, polo que se modifica o R.D. 39/1997. A avaliación dos riscos laborais na actividade administrativa e de mantemento de edificios; métodos de avaliación. O risco de accidente, o risco de fatiga e insatisfacción e o risco ergonómico; criterios de avaliación. A planificación das medidas de control do risco. Os reais decretos 486/1997, 487/1997 e 488/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas nos lugares de traballo. O Documento básico SI (seguridade contra incendios) do Código técnico da edificación (R.D. 314/2006). O R.D. 485/1997, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo.

Transparencia, protección de datos e administración electrónica.

73. Lei 19/2013, do 9 decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Normativa en materia de transparencia no Regulamento do Parlamento de Galicia. O Portal de Transparencia do Parlamento de Galicia.

74. O Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, sobre protección de datos. Principios xerais. Conceptos e mecanismos de protección de datos persoais. O principio de responsabilidade proactiva. O enfoque do risco. A base de lexitimación para o tratamento de datos persoais.

75. A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Principios da protección de datos das persoas e a súa execución. Transparencia. O responsable e o encargado de protección de datos. O delegado de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos. Procedementos en caso de vulneración de dereitos. Réxime sancionador. Dereitos dixitais. Identificación das persoas interesadas nas notificacións, anuncios e publicacións de actos administrativos. A regulación sobre protección de datos de carácter persoal no Parlamento de Galicia (Acordo do Parlamento de Galicia do 21 de marzo de 2012; Acordo do 11 de abril de 2014). O rexistro de actividades de tratamento no Parlamento de Galicia.

76. A Administración electrónica (1). Conceptos básicos. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Ámbito de aplicación e principios xerais. A relación por medios electrónicos dos cidadáns coas administracións públicas. Réxime xurídico da Administración electrónica. A xestión electrónica dos procedementos. Cooperación entre administracións para o impulso da Administración electrónica. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

77. A Administración electrónica (2). O rexistro electrónico. Arquivo electrónico único e custodia dos documentos electrónicos. Sinatura electrónica e certificados. Documentos: concepto e clases. Documentos electrónicos. O arquivo de xestión. Transferencia e eliminación de documentos.

78. Administración electrónica (3). Aplicación no Parlamento de Galicia. Regulamento da Cámara para a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na actividade parlamentaria (Acordo do 8 de maio de 2006, polo que se aproban as normas de desenvolvemento do Regulamento da Cámara para a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na actividade parlamentaria, BOPG nº 139, do 13 de maio). Sede electrónica. Normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento (Acordo do 20 de marzo de 2017, polo que se aproban as normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento de Galicia, BOPG nº 89, do 24 de marzo). Política de seguridade. A aplicación do Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración parlamentaria (Acordo do 23 de xaneiro de 2017, polo que se aproban as normas sobre a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia, BOPG nº 52, fascículo 1º, do 25 de xaneiro. Acordo do 13 de decembro de 2017, polo que se regula a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia, BOPG nº 228, do 18 de decembro).

ANEXO II

SOLICITUDE DE ADMISIÓN AO PROCESO SELECTIVO

Selo do Rexistro

DENOMINACIÓN DA PRAZA: Corpo superior do Parlamento de Galicia

Datos persoais:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Concello

Provincia

Nacionalidade

Enderezo (rúa, praza, número)

Localidade

Código postal

Provincia

Teléfono 1

Teléfono 2

Correo electrónico:

Discapacidade: %

Solicita adaptación:

Antigüidade e traballo desenvolvido

Denominación do posto

Administración /unidade administrativa

Grupo

Nivel

Desde

Ata

Grao persoal consolidado:

Exercicio de dereitos de conciliación

Tipo de licenza, permiso, redución ou excedencia

Desde

Ata

Formación:

Título do curso

Horas

Centro de expedición

A persoa que asina SOLICITA ser admitida no proceso selectivo a que fai referencia esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na escala superior do Parlamento de Galicia e as especialmente sinaladas na convocatoria, e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

En cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, informámoslle que os seus datos persoais serán tratados segundo o previsto no Rexistro de Actividades de Tratamento do Parlamento de Galicia, para a actividade de tratamento denominada Procesos selectivos, conforme o Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2019, polo que se aproba o Rexistro de actividades de tratamento de datos de carácter persoal do Parlamento de Galicia. As/os solicitantes poderán exercer os seus dereitos previstos na lei, mediante un formulario a través da páxina web: http://www.parlamentodegalicia.gal/Portada/ProteccionDatos, na que dispoñen de información adicional, ou ao correo electrónico pdcp@parlamentodegalicia.gal

Santiago de Compostela, ............ de ................................de 2019

(Sinatura)

ANEXO III

Declaración xurada ou promesa

D./Dª …………......................…….....…………………………..,................................... con documento nacional de identidade número ………………………………………….

Declara baixo xuramento/promete, para os efectos de participar no proceso selectivo do Corpo superior do Parlamento de Galicia, que non foi separado/a do servizo de ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Así mesmo, declara que non padece enfermidade ou discapacidade que lle impida o desempeño das correspondentes funcións do posto e que son certos todos os datos achegados respecto deste proceso selectivo.

…………………………………….., ……..de ………………de 2019

(Sinatura)