Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21458

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio da interposición de recurso contencioso-administrativo 4045/2019 sobre declaración de impacto ambiental e autorización da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario PO 4045/2019, en nome e representación de Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), contra a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en que se impugna a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto a Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, do 15 de xaneiro de 2018, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se modifica por modificación substancial a autorización ambiental integrada co número 2007/0302_AIA/IPPC_210.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de data de 7 de marzo pasado e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da actuación da Administración autonómica.

A comparecencia ante este tribunal para intervir como parte no recurso contencioso-administrativo require a intervención de procurador dos tribunais, con poder de representación procesual suficiente, e a asistencia de avogado.

A Coruña, 7 de marzo de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza