Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21459

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio da interposición de recurso contencioso-administrativo 4151/2018 contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente e Territorio sobre aprobación definitiva parcial de Plan xeral de ordenación municipal de Bueu.

No presente órgano xudicial interpuxo recurso contencioso-administrativo número 4151/2018 o procurador José Antonio Castro Bugallo, na representación que ten acreditada, fronte á Consellería de Medio Ambiente, sobre impugnación da Orde do 2 de marzo de 2018, de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Bueu.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de quince de marzo pasado e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da orde impugnada.

A Coruña, 10 de abril de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza