Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21460

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 41/2013).

Eu, María Cristina Montero Carre, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou auto con data do 13 de febreiro de 2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 13 de febreiro de 2014.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, os autos 31/2011, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, aos cales correspondeu a peza 41/2013, en que aparece como parte apelante María del Carmen Álvarez Bello, representada polo procurador Sr. Bejerano Pérez, e como apelados Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Muebles Junior, S.A. (rebelde), Antonio Labora Ruiz (falecido) sobre “levantar e cancelar embargo sobre salario”, e sendo maxistrado relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Parte dispositiva.

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de María del Carmen Álvarez Bello, contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, nos autos número 31/2011, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia co obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía Muebles Junior, S.A. e Antonio Labora Ruiz, expido e asino o presente edicto. Dou fe.

A Coruña, 10 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza