Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21461

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 431/2011).

Eu, María Cristina Montero Carre, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou Sentenza con data do 7 de xuño de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

A Coruña, 7 de xuño de 2012.

No recurso de apelación civil número 431/2011, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, en xuízo ordinario 992/2010, sobre demanda de terzaría de dominio, sendo a contía do procedemento indeterminada, seguido entre partes, como apelante María del Carmen Álvarez Bello, representada polo procurador Sr. Bejerano Pérez; como apelada a Tesourería Xeral da Seguridade Social. É relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución.

Desestimando o recurso de apelación interposto por María del Carmen Álvarez Bello contra a sentenza recaída no xuízo ordinario 992/2010, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución e condenamos a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

E para que conste e sirva para a inserción en el Diario Oficial de Galicia co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Mobles Júnior, S.L. e Antonio Labora Ruiz, expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 10 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza