Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21098

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4828/2018-RMR).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4828/2018, seguido por instancia de José María Antón del Río contra Protección y Seguridad Técnica, S.A., Seguir Ibérica, S.A., cuxa administración concursal é Landwell Pricewaterhousecoopers Tas & Legal Services, e o Fondo de Garantía Salarial, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de José María Antón del Río, contra a sentenza do 9 de febreiro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en proceso promovido polo recorrente fronte ás empresas Protección y Seguridad Técnica, S.A., Segur Ibérica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Segur Ibérica, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Ícaro, 24, Liáns, Oleiros (A Coruña), expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza