Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 19/2019).

Execución de títulos xudiciais 19/2019

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 138/2018

Sobre despedimento

Demandante: Sandra María Latas Fariñas

Avogado: José Manuel López García

Procurador: Ricardo López Mosquera

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Astrum Aurum, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 19/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Lastas Fariñas contra Astrum Aurum, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Sandra María Latas Fariñas coa empresa Astrum Aurum, S.L. e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Sandra María Latas Fariñas.

Indemnización: 7.279,38 euros (sete mil douscentos setenta e nove euros con trinta e oito céntimos).

Salarios: 11.421 euros (once mil catrocentos vinte e un euros).

E para que sirva de notificación en legal forma a Astrum Aurum, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 5 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza