Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 115/2018).

Execución de títulos xudiciais 115/2018.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 125/2018.

Sobre despedimento.

Demandante: Mireya Vargas.

Avogada: María Teresa Souto Neira.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Natalia Franco Segura.

Avogado/a: letrado do Fogasa.

Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 115/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mireya Vargas contra Natalia Franco Segura, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Mireya Vargas coa empresa Natalia Franco Segura e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Mireya Vargas, NIE X 2721217 H.

Indemnización: 1.151,69 euros (mil cento cincuenta e un euros con sesenta e nove céntimos).

Salarios: 7.953,40 euros (sete mil novecentos cincuenta e tres euros con corenta céntimos).

Para que sirva de notificación en legal forma a Natalia Franco Segura, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 5 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza