Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo), promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/57-0).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Nedgia Galicia, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 24.2.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Sarria (Lugo) (expediente IN627A 2008/13-0), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 30.4.2012 e no Boletín Oficial da provincia do 19.6.2012.

Segundo. O 9.5.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente e se aprobou o proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e extensión de rede en MOP 3,5 bar para subministración a Sarria, promovido por Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) (expediente IN627A 2016/18-0).

Terceiro. O 5.12.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou a addenda ao proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e extensión de rede en MOP 3,5 bar para subministración a Sarria, promovido por Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) (expediente IN627A 2016/18-0).

Cuarto. O 1.8.2018 a empresa Nedgia Galicia, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución correspondente á ampliación de capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo).

A planta satélite de GNL está localizada na parcela con referencia catastral 27057A021010260000JL, polígono 21, parcela 1026. Trátase dunha superficie de 16.166 m cualificada como solo rústico de uso agrario situada ao norte do núcleo urbano.

Proxéctase a ampliación da capacidade da planta satélite de GNL desde os 80 m3 actuais ata os 140 m3 mediante as seguintes actuacións:

• Instalación dun depósito de almacenamento e regasificación de GNL de 60 m3 de capacidade.

• O módulo de regasificación existente modifícase mediante a instalación de dous novos regasificadores que proporcionarán gas natural para alimentar a rede de distribución nas seguintes condicións:

– Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: entre 2 e 9 bar.

– Presión de subministración de gas natural: 3,5 bar.

– Temperatura de subministración de gas natural: 0-20º C.

• Conexión dos novos elementos á instalación existente.

Este proxecto someteuse, baixo o número de expediente IN627A 2018/57-0, aos procedementos de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución.

Quinto. O 26.9.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo), promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/57-0).

Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 20.11.2018, no Boletín Oficial da provincia do 18.10.2018 e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso do 22.10.2018, e tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria.

Durante o período de información pública legalmente establecido para este proxecto de execución non se presentaron alegacións.

Sexto. O 25.9.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas trasladou a separata técnica do citado proxecto de execución ao Concello de Sarria, para os efectos de obter o seu informe ao respecto.

O Concello de Sarria non contestou a petición de informe, nin a súa reiteración, entendéndose en consecuencia a súa conformidade, de acordo co disposto nos artigos 80 e 84 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural.

Sétimo. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, xefatura territorial) emitiron, con data 12.2.2019, informe favorable sobre o citado proxecto de execución .

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; co Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP); coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30.11.1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; coa Lei 39/2015, do 1 de decembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Autorizar administrativamente a ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo), promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A.

2. Aprobar o proxecto de execución da citada infraestrutura gasista.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. A infraestrutura gasista que se autoriza realizarase de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución Ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración a Sarria (Lugo), presentado por Nedgia Galicia, S.A., datado en xullo de 2018, con referencia GDP41114050010, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández (colexiado nº 1.534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e no cal figura un orzamento de 68.257,91 €.

Segunda. As instalacións e as súas montaxes deberán cumprir as disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e, en particular, as correspondentes ao Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos coas súas instrucións técnicas complementarias e as normas que os complementan, regulamentos electrotécnicos, normas UNE e demais normativa e directrices vixentes, así como cantas as substitúan ou se diten a nivel estatal ou desta comunidade autónoma, e deberán preverse para responder aos avances tecnolóxicos no eido do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

Terceira. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Cuarta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá expedela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Quinta. A empresa promotora deberá presentar a documentación exixida no Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, antes de comezar a construción ou explotación, ou antes das modificacións que dean lugar a un cambio no inventario de substancias perigosas.

Sexta. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura gasista e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa promotora realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sétima. A empresa promotora deberá iniciar a subministración de gas no prazo dun mes contado a partir da data en que a xefatura territorial formalice a acta de posta en marcha.

Oitava. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos da competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarias para realizar a citada infraestrutura gasista.

Novena. A Administración resérvase o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas