Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo do 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2018/84-1).

Expediente: IN407A 2018/84-1.

Promotor: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Instalación: LMT, CT e RBT As Meneiroas e anexo I.

Concello: A Laracha.

Feitos.

1. O 25 de abril de 2018 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 11 de xullo de 2018.

– DOG: 9 de agosto de 2018.

– BOP: 31 de xullo de 2018.

– Xornal La Voz de Galicia: 11 de febreiro de 2019.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 17 de outubro de 2018.

Ao mesmo tempo, realizáronse notificacións individuais ás persoas titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

Mediante anuncio publicado no BOE do 18 de xaneiro de 2019, notificouse a Alfonso López Veira, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, José Ramón López García achegou unha alegación con data do 9 de agosto de 2018. Esta alegación trasladouse á empresa promotora con data do 20 de agosto de 2018, que respondeu en defensa dos seus intereses.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2000).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo de 2008).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño de 2014).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro de 2002).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro de 1982).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro 2017).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro de 2016).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro de 2015).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

2. Características técnicas:

– LMTA a 20 kV (servizo 15 kV) de 23 m e condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 25-4 a LMT Xesta (liña 1) (expediente: 51.374) tipo C-14/2000 que substituirá, nunha nova posición, o de tipo HV-13/250, no treito entre a derivada aos CC.TT. Muíños Coiro (expte.: 233/97) e Coirón (expte.: 238/07) e a derivada ao CT Merelle (expte.: 51.374) e remate no apoio núm. 25-4-1 proxectado, onde se instalará o novo CTI As Meneiroas proxectado. Substitución do apoio 25-4 existente tipo HV-13/250 por C-14/2000 nunha nova posición.

– Novo CT As Meneiroas intemperie cunha potencia de 50 kVA, unha relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V, instalado nun novo apoio 25-4-1 tipo HVH-11/1600.

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. Respecto da alegación formulada por José Ramón López García (predio núm. 1) solicita que se reinicie o procedemento cunha nova situación do centro de transformación intemperie, en apoio, noutra parcela xa que non se cumpren as distancias establecidas no PXOM á estrada e porque a oferta económica da empresa promotora non é xusta nin razoable.

Na súa resposta do 5 de setembro de 2018, Hidroeléctrica de Laracha, S.L. declara que a situación do centro de transformación cumpre coas disposicións regulamentarias de seguridade. Os apoios 25-5, 25-3 e 25-3-1 existen na liña actual e non van ser modificados; no entanto, os apoios 25-4 e 25-4-1 serán obxecto de adaptación ao PXOM. Aínda que non se acadase ningún acordo económico coas persoas propietarias, isto non supón a posibilidade dun acordo entre ambas as partes en calquera momento.

Por conseguinte, o servizo técnico informa da improcedencia do escrito de José Ramón López García, posto que non se dan as condicións que xustifiquen unha limitación á servidume, ao abeiro do artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícase á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

A Coruña, 27 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña