Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19975

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 900/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 900/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio García-Muñoz Gómez-Cambronero contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ambuibérica, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 28 de marzo de 2019, co número 154/2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de procedemento ordinario número 900/2017, seguidos por instancia de Sergio García-Muñoz Gómez-Cambronero, asistido pola letrada Sra. María Viana en substitución da letrada Sra. Platero Seoane, contra Ambuibérica, S.L., representada e asistida polo letrado Sr. Pérez Seoane, e contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U, que non compareceu ao xuízo oral, e tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte:

Resolvo que, estimando integramente a demanda presentada por Sergio García-Muñoz Gómez-Cambronero contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Ambuibérica, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas, solidariamente, a aboarlle ao demandante a suma de 2.674,17 euros netos polos conceptos detallados no feito probado quinto desta resolución máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza