Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 872/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 872/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurora del Río Abella contra Limpintegra XXI, S.L., Lexaudit Concursal, S.L.P. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 28 de marzo de 2019, co número 149/2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de procedemento ordinario número 872/2017, seguidos por instancia de Aurora del Río Abella, asistida pola graduada social Sra. Da Palma Sánchez, contra Limpintegra XXI, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, contra Lexaudit Concursal, S.L.P., como administradora concursal de Limpintegra XXI, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e tendo sido citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte:

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Aurora del Río Abella contra Limpintegra XXI, S.L. e contra Lexaudit Concursal, S.L.P., como administradora concursal de Limpintegra XXI, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Limpintegra XXI, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 4.526,51 euros polos conceptos sinalados no feito probado sexto desta resolución máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais (que comportan 3.988,05 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións (que comporta 538,46 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución. Condeno, así mesmo, a Lexaudit Concursal, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal de Limpintegra XXI, S.L. e aterse á dita condena e aos efectos legais inherentes a ela.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza