Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 20016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2018/167-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Xunta de Compensación Sector Solo Urbanizable UDI B1 Ponte, NIF V70413687.

Domicilio social: rúa Outeiro, 62, Ponte do Porto 15121 Camariñas.

Denominación: LMTS, CT e RBT parque empresarial Ponte do Porto.

Situación: polígono empresarial de Ponte do Porto, Ponte do Porto, 15121 Camariñas.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 2.600 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio tipo C 14/3000-H35-CAIII proxectado ao carón do apoio 87 para retirar existente da liña VIM-804, e remate no paso A/S proxectado no apoio tipo C 14/4500-H35-CA/CS proxectado ao carón do apoio 84 para retirar existente da liña VIM-804.

– Desmantelamento do tramo aéreo da LMT VIM-804 de UFD entre os apoios 84 e 87. Retirada de 4 apoios.

– 3 CT (1, 2 e 4) compacto en envolvente prefabricada de formigón en superficie con manobra exterior (tipo 1), cunha potencia de 630 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

– 1 CT (3) en edificio prefabricado de formigón con manobra interior (tipo 2), cunha potencia de 630 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

– CT Curros-Ponte do Porto (15XBVJ) existente conectarase en anel cos CT proxectados mediante a LMTS proxectada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña