Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: instalación apoio no tramo PORT7017205 en Val de Sangorza.
Situación: Agolada.
Características técnicas: LMT aérea a 15 kV, con condutor LA-110, de 149 metros de lonxitude, con orixe no apoio 71 existente da LMTA, tramo PORT7017205 e final no apoio C-1000-14 que se proxecta intercalar baixo o trazado da liña PORT7017205. A instalación está situada no Val de Sangorza, Agolada.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 14 de marzo de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra