Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 62/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Carnes Creo contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energectiva, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 511/2018 do 26 de novembro ditada no procedemento PO 285/2017 a favor da parte executante, Alejandro Carnes Creo, fronte a Auditores y Consultores de Eficiencia Energectiva, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 5.905,05 euros en concepto de principal (5.053,56 euros en concepto de diferenzas salariais e vacacións non gozadas, e 851,49 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 590,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Auditores y Consultores de Eficiencia Energectiva, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Alejandro Carnes Creo e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince (15) días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Auditores y Consultores de Eficiencia Energectiva, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza