Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 876/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 876/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Calo Alborés contra a empresa Limpintegra XXI, S.L., Lexaudit Concursal, S.L.P. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Belén Calo Alborés contra Limpintegra XXI, S.L. e contra Lexaudit Concursal, S.L.P., como administradora concursal de Limpintegra XXI, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Limpintegra XXI, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 4.979,91 euros polos conceptos sinalados no feito probado sexto desta resolución máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre os conceptos salariais (que comportan 4.441,45 euros), desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións (que comporta 538,46 euros), desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución. Condeno, así mesmo, a Lexaudit Concursal, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal de Limpintegra XXI, S.L., a aterse á dita condena e aos efectos legais inherentes a ela.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza